Concello da Coruña

Concello da Coruña

Un alumno de 4.º da ESO do IES Agra do Orzán faise co primeiro premio do concurso A maxia da robótica

Cando:

30 de novembro de 2020

A final realizouse o pasado venres no Centro Ágora con capacidade limitada

Jorge Gómez García, alumno de 4.º da ESO do IES Agra do Orzán, logrou o primeiro premio do concurso A maxia da robótica concedido polo Concello da Coruña. Coordinou a actividade neste centro a profesora M.ª Jose Martínez Rey .

O segundo premio do concello recalou en Daniel Güeto Sandás, un alumno de 1.º de bacharelato do IES Menéndez Pidal. Da coordinación da actividade neste centro encargouse a profesora Paz Freire Campo.

O Concello da Coruña concedeulles dous premios de material por valor de 300 euros aos dous centros do concello que obtiveron a mellor puntuación, un en cada unha das categorías.

O premio de Igaciencia

Pola súa banda, Igaciencia concedeulle o seu premio a Adrián Barcia Mosquera de 4.º da ESO do IES Carvalho Calero de Ferrol, cuxa coordinación da actividade correu a cargo da profesora M.ª Ángeles Ruiz-Matas García. O premio consistiu nun equipo Lego NXT (válido para programar con EV3).

Á cerimonia de entrega asistiron o concelleiro de Educación, Jesús Celemín Santos, e o presidente de Igaciencia, Manuel Díaz Regueiro.

Programa ao que pertence

  • A maxia da robótica. Obradoiro e concurso galego de robótica 2020-2021

    Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde se adquire a formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

    Dada a situación de pandemia ,esta actividade realizarase no propio centro educativo por streaming youtube con aclaracións de dúbidas por videoconferencia jitsi, así como o concurso.

    Máis información
  • A maxia da róbótica

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión