Concello da Coruña

Concello da Coruña

Un concurso de vídeo-relatos para celebrar o Día internacional da cidade educadora

Cando:

10 de novembro de 2021

Documentos:

GUIA-COLEGIOS-A-CORUNA-2.pdf (2 MB)

Ata o 25 de novembro, o alumnado de educación infantil e de educación primaria pode enviar os seus vídeo-relatos para este concurso, centrado na importancia de desenvolver, desde o ámbito local, estratexias que favorezan a inclusión.

A concellería de Educación organiza este concurso dirixido aos centros educativos de infantil e primaria e ás escolas infantís da cidade. O concurso de vídeo-relato organizado para conmemorar esta data leva por título: "Érase unha vez... un mundo sen educación para todos e todas". Baixo este tema os centros participantes deberán realizar un relato desenvolvendo algún dos puntos establecidos na Carta de Cidades Educadoras: diversidade e non discriminación, acceso á cultura, educación inclusiva ao longo da vida, promoción da saúde, inclusión e cohesión social, co-responsabilidade contra as desigualdades.... Estas temáticas poderán desenvolverse de diversas maneiras, tales como: remake dunha película, creación dunha canción, falso documental ...

Desde hoxe ata o 25 de novembro ás 14:00 horas, os centros poderán elaborar e enviar os seus vídeos. O 30 de novembro, Día internacional da cidade educadora, celebrarase unha recepción municipal no salón de plenos do Concello da Coruña para facer entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso e celebrar o 30º aniversario desta conmemoracón.

Nun momento no que especialistas de todo o mundo alertan sobre impáctoo que a pandemia terá ao longo dos próximos anos, e que tenderá a acentuarse naqueles sectores de poboación máis vulnerables, as Cidades Educadoras deben estar á beira da poboación que máis apoio necesita, reforzando a igualdade de oportunidades, a inclusión, o progreso social e o crecemento sustentable. Por todo isto, este ano elixiuse o lema: "A Cidade Educadora non deixa a ninguén atrás".

Toda a información do concurso pódese consultar na páxina do Concurso de vídeo-relatos do Día internacional da cidade educadora .

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión