Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Unha publicación recolle o traballo desenvolvido no programa Luditarde no CEIP Ramón de la Sagra

Cando:

26 de decembro de 2018

As accións realizadas durante o programa céntranse en "Mulleres ilustres galegas", ás que os nenos e as nenas se achegaron desde diferentes puntos de vista.

Os nenos e as nenas que participan no programa Luditarde no CEIP Ramón de la Sagra traballaron sobre as figuras de mulleres ilustres galegas. Esta experiencia recóllese nunha publicación na que se resume o labor desenvolvido.

Os nenos e as nenas participantes coñeceron mellor a mulleres galegas actuais, como a artista Lara Lars, a debuxante de cómic Emma Ríos, a astrofísica Begoña Vila, a enfermeira Isabel Zendal, as deportistas Eva Castro, Vero Boquete, Chus Lago, Marta Brañas e Ana Peleteiro, as escritoras Ana Meilán, María Canosa, Ledicia Costas e Fina Casalderrey e as músicas Olga Brañas, Uxía e Ses.

Arredor das súas figuras realizaron diferentes actividades relacionadas coa ciencia, o deporte, a escritura, a arte etc.

Publicación para consulta e descarga.

Programa ao que pertence

  • Luditarde

    O programa Luditarde, baixo o principio e a pedagoxía do lecer e o xogo, realiza actividades relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas transversais (educación viaria, para a paz, para a saúde, medio ambiental, cívica...) ou a algunha situación relevante, a partir dos cales se desenvolven as áreas de contidos: animación á lectura, animación teatral, lóxica matemática-xadrez, expresión artística, musical, actividades motrices e /ou deportivas e novas tecnoloxías.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?