Dende o 13/11/2025 ata o 15/11/2025
Xa rematou
Xoves: 20.00 h
Venres: 20.00 h
Sábado: 17.30 e 20.00 h
90 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
Sesión do espectador: sábado ás 17.30 h - Prezo único: 1,50 €
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Sala Marilyn Monroe - Ciclo Cinema e Natureza
Documental
España 2024
90 minutos - VO
Apta para todos os públicos
A urxencia establecida para substituír as fontes de enerxía baseadas en combustibles fósiles por fontes de enerxía renovable está a esnaquizar numerosos ecosistemas na Península Ibérica, así como as vidas das persoas que viven nesas contornas rurais. A falta de planificación e a mala xestión das administracións está a poñer en perigo a forma de vida das persoas nas zonas rurais, así como a súa ben máis
prezado: o medio ambiente. Unha vez máis ao longo da historia, son os cidadáns das zonas rurais os que teñen que sacrificarse para que as persoas que viven nas cidades poidan seguir mantendo o seu nivel de vida. Neste caso, arrasando as súas terras para proporcionarlles electricidade. Esa situación está a provocar a loita e resistencia de moitas persoas que se resisten a ver esnaquizados as súas paisaxes e por conseguinte a súa maneira de vivir. Na película coñeceremos moitas historias de persoas afectadas, as súas consecuencias e nalgúns casos as alternativas que se poden levar a cabo para que o despregamento de renovables sexa correcto e respectuoso co medioambiente. É a historia de numerosas persoas de todo o país, así como de varios científicos como Antonio Turiel ou Francisco Varela, que están a alertar sobre as nefastas consecuencias que isto pode causar nun curto medio prazo de tempo.
*Ao finalizar a proxección do venres haberá charla - coloquio co director do documental
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible