Dende o 02/11/2026 ata o 13/11/2026
Xa rematou
Tras a publicación da listaxe provisional de adxudicacións para o primeiro trimestre ábrese, ata o día 13 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes para as visitas do segundo e terceiro trimestre.
O programa de visitas escolares "Coruña de Aventura 2026-27", que ofrece a posibilidade de coñecer diferentes espazos, empresas e entidades da Coruña ao alumnado dos centros educativos da cidade, abre, ata o día 13 de novembro, o prazo de solicitude de visitas para o segundo e terceiro trimestre do curso.
A diferenza de edicións anteriores, nas que a solicitude se realizaba nunha única fase, na edición deste ano o prazo de solicitude divídese en dúas fases:
Tras a publicación, o pasado 20 de outubro, das listas provisionais coas adxudicacións para o primeiro trimestre Coruña de Aventura 2026/27 - Adxudicacións provisionais primeiro trimestre ), ábrese agora, entre o 2 e o 13 de novembro, o prazo de presentación de solicitude de visitas para o resto do curso.
As solicitudes realizaranse a través da ficha de inscrición, accedendo cada centro co seu identificador e contrasinal. Admitiranse varias solicitudes simultáneas para o mesmo curso, que o centro ten que ordenar por preferencia.
As listaxes coas adxudicacións provisionais para a segunda fase publicaranse o día 4 de decembro.
Máis información na páxina do programa: Visitas escolares 2026-27
Programa ao que pertence
O programa de visitas escolares ofrece a posibilidade de lle coñecer diferentes espazos, empresas e entidades da Coruña ao alumnado dos centros educativos da cidade.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible