Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Xa está aberto o prazo de inscrición no Concurso de Música e Letra que promoverá o Concello nos centros educativos de Secundaria da Coruña neste Entroido

No concurso poderán participar alumnas e alumnos de entre 12 e 16 anos de idade, que deberán compoñer un grupo de, como mínimo, dez persoas, e dar forma a unha canción con acompañamento musical

O Concello da Coruña, a través da área municipal de Cultura e a Concellaría de Educación, abriu esta semana o prazo de inscrición no Concurso de Música e Letra dirixido ao alumnado dos institutos de Secundaria, unha iniciativa orientada a implicar aos centros educativos da cidade na vindeira edición do Entroido.

Neste concurso poderá tomar parte o alumnado en idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, baixo un formato moi específico: deberán compoñer un grupo de, como mínimo, dez persoas, e interpretar unha canción co seu correspondente acompañamento musical, sempre e cando se trate dun tema inédito e composto polas alumnas e alumnos. Ademais, os participantes deberán ir disfrazados para a ocasión.

A inscrición, que xa se pode tramitar por vía telemática a través desta ligazón, deberá figurar a nome do instituto ou centro educativo ao que pertencen os alumnos, e na mesma será imprescindible a presentación dos datos dunha persoa adulta, responsable da comparsa, coas autorizacións dos titores legais dos menores que tomen parte nesta actividade.

A solicitude deberá ir acompañada, ademais, do texto escrito da letra e o arquivo sonoro da canción que se presentará ao certame por cada grupo participante.

O prazo de inscrición rematará o venres 3 de febreiro, ás 15.00 horas.

O formato do concurso

Cada grupo que participe no concurso deberá interpretar unha canción, acompañada de música, en, como máximo, catro minutos. O tempo máximo de permanencia no escenario, incluíndo os minutos de interpretación do tema, será de 10 minutos.

O concurso terá lugar o venres 10 de febreiro, desde as 18.30 horas, no centro sociocultural Ágora, e será un xurado composto por cinco persoas, de recoñecido prestixio, o que valorará a simpatía e agudeza das letras, a natureza da composición musical, a correcta execución da interpretación e o respectivo acompañamento, para determinar os tres primeiros premios e un máximo de sete accésits. Haberá entre 100 e 1.000 euros de premios en vales agasallo, para mercar en establecementos comerciais da cidade, en función da clasificación final dos grupos gañadores.

A agrupación gañadora desta edición do concurso terá a oportunidade de interpretar en directo a súa canción no Concurso de Música e Letra do Entroido, no Palexco. Será o sábado 11 de febreiro, a partir das 18.00 horas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión