Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Xa se coñecen todos os datos sobre o XIX Rebumbio matemático

Cando:

27 de novembro de 2018

Documentos:

Convocatoria Rebumbio Matemático (165 KB)

A final galega realizarase no Fórum Metropolitano da Coruña o 24 de maio

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema) convoca por 19ª vez o Rebumbio Matemático, co obxectivo de contribuír a mellorar a educación en xeral e o proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas en particular.

Esta actividade, dirixida ao alumnado de 6º de Primaria, está centrada na resolución de problemas e trata de fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. Os retos matemáticos para desenvolver serán variados, de forma que motiven as persoas participantes.

Como participar?

Os interesados e as interesadas en participar no XIX Rebumbio Matemático deberán formalizar a súa inscrición antes do 1 de marzo de 2019.

Durante este mes, cada profesor ou profesora poñerá en marcha un proceso de resolución de problemas na aula para decidir sobre a formación do equipo de tres persoas. Esta formación participará na fase de zona, o 26 de abril.

Os resultados desta fase publicaranse na web de Agapema o 6 de maio. Os quince equipos clasificados accederán á fase final, que se realizará o 24 de maio no Fórum Metropolitano da Coruña.

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?