Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xustiza Social abre a vindeira semana o prazo de solicitar unha praza no programa Recuncho de xogo, que organiza actividades lúdicas infantís durante a Semana Santa

Cando:

12 de marzo de 2019

A iniciativa, que fomenta a conciliación nos días laborables das vacacións escolares entre o 15 e o 17 de abril, ten lugar en 20 centros cívicos da cidade. A preinscrición realizarase os días 22, 23 e 25 deste mes no centro no que se desexe participar das actividades.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre a vindeira semana o prazo para solicitar praza nunha nova edición do Recuncho de xogo, o programa de actividades lúdicas dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos para os días laborables da Semana Santa. A iniciativa, que forma parte da oferta da concellería para facilitar a conciliación familiar e ofrecer un espazo de xogos próximo, nos barrios, durante as súas vacacións dos e das menores, amplía este ano o seu número de prazas de 400 ata as 460, entre as que a Concellería de Xustiza Social reserva prazas para nenas e nenos con necesidades especiais e tamén para menores en situación de vulnerabilidade.

As actividades terán lugar en horario de mañá, entre as 10.00 e as 13.30 horas e o custo será de 7 euros por participante. Tamén existe a posibilidade de solicitar o horario ampliado das actividades ---de 09.00 a 14.00 horas--, que se oferta en sete dos 20 centros cívicos que participan. Este horario estendido está dispoñible en O Castrillón, Os Mallos, Mesoiro, Os Rosales, Monelos, Monte Alto e San Diego. O prezo de inscrición do horario ampliado é de 11 euros por nena ou neno participante.

As familias interesadas en preinscribir a menores nados entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2015 poden facelo nos días 22, 23 e 25 de marzo de 11.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas no centro cívico no que se desexe realizar a actividade. O día 25 de marzo ás 20.15 horas realizarase un sorteo público das prazas en cada centro cívico, e a exposición de listados provisionais de persoas admitidas e de reservas estará dispoñible desde o 5 de abril. A continuación, deberase realizar a inscrición final para confirmar a praza nos días 8, 9 e 10 de abril no mesmo equipamento e horario onde se realizou a preinscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión