Novidades de Educación - 31/01/23

Version do boletin en castelan

Hoxe destacamos...

Eventos

Dende o 18/02/2023 ata o 10/03/2023
Envío de planificación do programa "Rutas urbanas animadas 2022-23"
O 18 de febreiro enviarase o calendario provisional con modificacións ata o 25 de febreiro. A actividade empezará o 14 de marzo.
Dende o 10/02/2023 ata o 22/02/2023
Envío de planificación do programa "Itinerarios 2022-23"
O 10 de febreiro enviarase o calendario provisional con modificacións ata o 17 de febreiro. A actividade empezará o 1 de marzo.
Dende o 25/01/2023 ata o 17/02/2023
Inscricións para o X Certame de monólogos cómicos en galego
Acción de dinamización lingüística na que se presentan monólogos cómicos creados e interpretados por alumnado de centros da Coruña. Os monólogos interprétanse en galego e tratan temas de actualidade.
08/02/2023
Xornada presencial de formación "Concurso Imaxina Coruña 2022-23"
II Edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2022-2023.

Novas

27 de xaneiro de 2023
Publicado a listaxe de persoas admitidas e excluídas no programa BOLSAS CANADÁ 2023-2024.
O prazo para presentación de alegacións é do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro, ambos os incluídos.
26 de xaneiro de 2023
REIM: Listas de solicitudes admitidas e excluídas
As solicitudes que resulten adxudicatarias de praza poderán formalizar a matrícula despois da cita previa fixada pola escola correspondente.
26 de xaneiro de 2023
Abre o prazo de inscrición para o programa "Intercambio escolar do eixo atlántico"
Dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria da Coruña
25 de xaneiro de 2023
X Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega 2022-23
Unha acción de dinamización lingüística para fomentar o uso da lingua galega no alumnado de ensino secundario, bacharelato e FP.
24 de xaneiro de 2023
Aberto o prazo de inscrición para o programa "Idiomas do mundo 2023"
O prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de xaneiro ata o 7 de febreiro, ambos os días incluídos.
17 de xaneiro de 2023
Entroido 2023. Concurso de Música e Letra para alumnado de secundaria
Inscrición até o 3 de febreiro ás 15:00 h.
9 de xaneiro de 2023
O programa de visitas "Coruña de Aventura" relánzase esta semana
ETAP da Telva e Bonilla volven participar no programa tras a pandemia
9 de xaneiro de 2023
"Todo público". Programación de teatro para centros escolares. Primavera 2023
Curso 2022/2023. Aberto o prazo de inscrición.
6 de xaneiro de 2023
O Concello oferta estadías dun mes en países da Unión Europea a rapaces e rapazas de primeiro de Bacharelato para o perfeccionamento de idiomas
O programa ‘Idiomas do Mundo’ cubre a estadía dos participantes durante catro semanas en Irlanda, Francia e Portugal
2 de xaneiro de 2023
A REIM abre unha nova convocatoria para solicitar praza con 58 vacantes
O prazo de solicitude será do 2 ao 16 de xaneiro.