Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

A sección Programas substitúe o Libro Dixital

Cando:

12 de setembro de 2018

Na nova web que acabamos de estrear creamos unha sección denominada Programas que aglutina toda a información relativa aos programas educativos que desenvolveremos neste curso 2018/2019, e que vén substituír o Libro Dixital incluído na nosa web anterior.

A esta sección pódese acceder directamente desde o menú destacado en portada, común a todo o portal.

Os programas educativos aparecen listados por orde alfabética, pero conta cun buscador por palabras e outros específicos por filtros: por exemplo, pódense filtrar os programas que estean orientados a centros educativos do concello da Coruña ou que sexan abertos a outros centros, ou por titularidade do centro (públicos, privados concertados), nivel educativo (infantil, primaria, ESO etc.), tipo de actividade (complementaria, extraescolar ou outras), servizo municipal (Cultura, Deportes, Educación etc.) e grupo de programas.

Respecto destes últimos, aínda que conservando a súa esencia, melloramos a súa clasificación e redefinímolos do seguinte xeito:

  • A Coruña ambiental
  • A Coruña comunica
  • A Coruña cultural
  • A Coruña de aventura
  • A Coruña das ciencias
  • A Coruña diversidade
  • A Coruña no mundo
  • A Coruña igualdade
  • A Coruña nova
  • A Coruña linguas
  • A Coruña orienta
  • A Coruña participa
  • A Coruña saúde
  • A Coruña tardes
  • A Coruña viaria
  • A Coruña e o consumo

En total, organizamos 90 programas para levar a cabo durante o curso 2018/2019. No detalle de cada un deles, pódese consultar a que centros se dirixe e a súa titularidade, o tipo de actividade, o servizo municipal do que depende e a que alumnado vai dirixido. Como información específica, detállase o obxectivo que persegue o programa e as súas condicións, os períodos de realización e de inscrición, como debe realizarse, ou os datos de contacto para pedir información adicional. Ademais, algúns programas contan con fichas específicas para as actividades relacionadas que se inclúen neles.

Esta estrutura permítelles ás persoas usuarias localizar facilmente e de maneira organizada toda a información relacionada cos programas educativos que sexan do seu interese, así como profundar en actividades relacionadas.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?