Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Aberta ata o 14 de setembro a inscrición no programa Ocio educativo

Cando:

4 de setembro de 2018

Programa de actividades de lecer educativo para o período extraescolar, dirixido a educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

Do 3 a 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición neste programa de actividades de lecer educativo para o período extraescolar, dirixido a escolares de educación infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria dos centros educativos públicos do municipio.

A inscrición realízase no local da ANPA de cada centro educativo no que se realice este programa. Unha vez iniciadas as sesións poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que solicita.

O programa presenta unha composición multidisciplinar estruturada en actividades que posibilitan unha formación integral co xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Como complemento ao programa, poderanse organizar visitas didácticas aos equipamentos científicos e culturais da cidade nos que os/as escolares participarán en propostas elaboradas e adaptadas á súa idade e intereses.

Os módulos para o curso 2018/2019 son:

  • Eureka!
  • Enxebre
  • Escola de actores
  • Feito á man
  • Ritmo do son

Por outra banda, os/as escolares, dependendo do taller no que participen, intervirán noutras accións educativas como a Feira Matemática, o Día da Ciencia na Rúa etc...

O horario é de luns a venres, das 16.00 h ás 18.00 h en horario ininterrompido. Cada taller do programa realízase no día que asigne a ANPA, tendo en conta a dispoñibilidade de espazo do centro.

Existen dúas modalidades de participación no programa:

  • Modalidade 1 ou completa, con asistencia 5 días completos á semana
  • Modalidade 2 ou parcial, con asistencia de 1 a 4 días á semana, sempre as dúas horas fixadas por día

No díptico informativo pódese consultar o detalle das tarifas e o contido das actividades.

Máis información:

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña

R/ Orzán, 21. 15002 A Coruña

Tel.: 981 202 002

http://www.fedapascoruna.org

Programa ao que pertence

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?