Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Aberto o prazo de inscrición no programa Deporte no centro

Cando:

4 de setembro de 2018

É un programa de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do "deporte para todos e todas".

A inscrición está aberta do 3 a 14 de setembro para alumnado dos CEIP e ata o 21 de setembro para alumnado dos IES e CIFP.

O programa está dirixido preferentemente ao alumnado de EI e EP. Tamén poderá acoller a alumnado de ESO, BACH e FP de grao medio e superior de centros públicos do municipio. Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe. As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas polo Servizo Municipal de Educación en función da adecuación do programa ás súas necesidades e a dispoñibilidade de recursos.

As actividades realízanse de outubro a maio, con dúas sesións semanais en horario de tarde, que se poden incrementar en datas de realización de actividades especiais, campionatos e torneos. No díptico informativo pódese consultar o detalle das tarifas e da oferta completa de actividades e disciplinas deportivas segundo o nivel educativo.

Máis información:

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña

R/ Orzán, 21. 15002 A Coruña

Tel.: 981 202 002

http://www.fedapascoruna.org

Programa ao que pertence

  • Deporte no centro

    Actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do "deporte para todos e todas"

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?