Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

O novo programa Madrugadoras/es aposta polos almorzos ecolóxicos, os produtos de proximidade e a ampliación do servizo

Cando:

5 de setembro de 2018

O programa Madrugadoras/es ofrece un servizo de protección, vixilancia e almorzo a escolares dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello da Coruña. O servizo préstase polas mañás, antes do comezo das clases e nos días lectivos do curso escolar 2018-2019.

Neste curso o Programa Madrugadores aposta polos almorzos ecolóxicos, os produtos de proximidade e a ampliación do servizo. Os almorzos serán equilibrados e adaptados ás necesidades dietéticas das e dos menores elaborados por un/ha dietista. Consistirán nun produto lácteo, unha peza de froita ou un zume natural e torradas, cereais ou similares. Os produtos serán ecolóxicos e de proximidade. Existen menús específicos para o alumnado que o necesite por causa de alerxias ou enfermidades.

O servizo préstase de 7:30 a 9:00 horas, con dúas modalidades: con almorzo, de 7:30 h a 8:45 h (almorzo de 7:45 e a 8:15 h), e sen almorzo: de 8:15 h a 8:45 h. O prezo do servizo de almorzo é de 1,90 €/día. O Concello subvenciona 0,81 € por cada servizo de almorzo, xa descontado do custo final para pagar polas familias.

Os centros educativos de titularidade pública que queiran participar neste programa deben aprobalo no Consello Escolar, ter instalacións idóneas de comedor e inscribir como mínimo un escolar na modalidade "fixo mensual con servizo de almorzo". Os centros solicitarán a súa inscrición enviando un correo a educacion@coruna.es.

O alumnado que queira participar ten que estar a cursar 2º ciclo de educación infantil ou educación primaria na data da solicitude nun centro público do concello e posuír autonomía persoal suficiente. Poden solicitar máis información para a inscrición nas oficinas da ANPA do colexio.

Máis información:

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext: 12041

Programa ao que pertence

  • Madrugadores

    O programa Madrugadores ofrece un servizo de protección, vixilancia e almorzo a escolares dos centros públicos de educación infantil e primaria do Concello da Coruña. O servizo prestarase polas mañás, antes do comezo das clases e nos días lectivos do curso escolar 2018-2019.

    Máis información
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?