Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas no proceso de admisión para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais

Cando:

5 de maio de 2025

Ábrese un prazo para a corrección de documentación do 6 ao 19 de maio, ambos os días incluídos.

O Concello da Coruña, tras a revisión da documentación presentada, publica hoxe, luns 5 de maio, as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas no proceso ordinario de admisión para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais ( REIM: solicitudes completas, incompletas e excluídas no proceso ordinario de admisión para o curso 2025-2026 ).

Tras a publicación, ábrese un prazo de dez días hábiles para que, no caso que corresponda, se poida emendar a documentación presentada, do 6 ao 19 de maio, ambos os días incluídos. A documentación deberase presentar por rexistro, indicando o ID da solicitude.

Tras este período, publicaranse as listaxes provisionais o luns 2 de xuño, e abrirase un prazo de alegacións, do 3 ao 16 de xuño, que concluirá coa publicación das listas definitivas o luns 23 de xuño.

O calendario do proceso de admisión é o seguinte:

Publicación das listaxes de solicitudes incompletas e excluídas

5 de maio

Prazo de corrección de documentación

Do 6 ao 19 de maio

Publicación das listaxs provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera

2 de xuño

Prazo de alegacións

Do 3 ao 16 de xuño

Listas definitivas

23 de xuño

Matrícula

Do 25 ao 30 de xuño

Inicio do curso

5 de setembro

Bases do proceso de admisión, coa documentación para presentar: Bases do proceso de admisión na REIM 2025-2026 .

Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .

Proxectos educativos

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión