Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas definitivas da convocatoria extraordinaria de xullo da REIM

Cando:

8 de setembro de 2025

O prazo de matrícula será do 9 ao 12 de setembro, ambos os días incluídos.

O Concello da Coruña publicou hoxe, luns 8 de setembro de 2025, tras a súa aprobación por parte da comisión de escolarización, as listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e en espera da convocatoria extraordinaria de xullo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.

As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .

Período de matrícula

Tal e como se indica nas Bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2025-2026, a matrícula será xestionada por cada unha das escolas da REIM do 9 ao 12 de setembro, ambos os días incluídos.

A persoa solicitante deberá dirixirse á escola asignada e presentar a seguinte documentación:

  • Cartilla sanitaria do/a neno/a.
  • Cartilla de vacinas do/a neno/a.
  • De ser o caso, informe médico sobre alertas e intolerancias.
  • Calquera outra documentación que a escola requira en función das circunstancias particulares de cada caso.

Nova convocatoria extraordinaria

Nas próximas semanas, o Goberno municipal lanzará unha nova convocatoria extraordinaria, con máis de 60 novas prazas para nenas e nenos nados entre os anos 2023 e 2025. Publicarase toda a información a través das canles oficiais do Concello.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión