31 de xullo de 2025
Ábrese un prazo de dez días hábiles, do 1 ao 14 de agosto, para que, nos casos en que corresponda, se poida emendar a documentación.
O Concello da Coruña, tras a revisión da documentación presentada, publica hoxe, xoves 31 de xullo de 2025, as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas da convocatoria extraordinaria de xullo da Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), de admisión para o curso 2025-2026.
Ante esta lista ábrese un prazo de 10 días hábiles (do 1 ao 14 de agosto), para que, nos casos en que corresponda, se poida emendar a documentación presentada. A documentación deberase presentar por rexistro, indicando o ID da solicitude.
As listas están dispoñibles para a súa consulta na páxina da web de Educación do Concello coa información sobre o Proceso de admisión na REIM .
Cabe destacar que esta relación non é definitiva e, polo tanto, non supón en ningún caso adxudicación de praza.
Calendario do proceso de admisión (convocatoria extraordinaria de xullo)
Unha vez finalizado o prazo de alegacións, publicaranse as listas provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera, o día 1 de setembro de 2025.
O calendario completo do proceso é o seguinte:
|
|
|
| Publicación de listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas |
31 de xullo |
| Prazo de corrección de documentación |
Do 1 ao 14 de agosto |
| Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas, excluídas e en espera |
1 de setembro |
| Prazo de alegacións |
Do 2 ao 4 de setembro |
| Publicación de listaxes definitivas |
8 de setembro |
| Matrícula |
Do 9 ao 12 de setembro |
Máis información sobre o proceso de admisión na páxina do Proceso de admisión na REIM .
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible