Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Xornais escolares

Manuais e documentación relativa á utilización da aplicación de xornais escolares:

Acceso á portada do sistema de xornais, coas últimas novas publicadas e ou listaxe de xornais activos.

Sistema de periódicos escolares

Condicións de uso

  • (Intranet Educativa Municipal)

O Excmo. Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Educación, ofrécelles aos centros educativos de ensinanzas non universitarias do concello un servizo de periódicos escolares dixitais na web educativa www.edu.coruna.es.

Neste servizo de Periódicos Escolares Dixitais, cada centro educativo poderá publicar multitude de contidos atendendo á gran diversidade de seccións que presenta: novas, artigos, foros de discusión, galería de fotografías, vídeos, ligazóns de interese etc; así como rectificar ou borrar os seus contidos sen ningunha intervención por parte do Concello.

O seu obxectivo principal é divulgar a información elaborada polos centros educativos nos seus periódicos favorecendo a conexión con outros centros ou persoas interesadas nos contidos publicados cos que se poida compartir coñecemento; ademais de potenciar o uso interactivo da web educativa municipal como medio para lle facilitar ao alumnado a iniciación á aprendizaxe das tecnoloxías da información e comunicación.

O centro educativo pode solicitar a creación de máis dun periódico escolar dixital, sempre e cando teñan realmente distintos obxectivos e contidos. A cada un dos periódicos aplicaránselle individualmente estas condicións; e deberá firmarse un documento de acordo por cada un deles, indicando un/unha profesor/a responsable distinto e un enderezo de correo electrónico distinto para ter claves de acceso diferentes.

Compromisos do centro educativo

  1. O centro educativo acepta que nin o Concello da Coruña, nin os seus administradores, serán responsables polo uso da información que ofrece o Periódico Escolar Dixital nin pola entrega, a calidade, os vicios ou calquera outro defecto que puidesen presentar a información, os servizos, ou os produtos, ou outros materiais expostos, adquiridos ou obtidos como consecuencia da información, publicidade, invitacións e ofertas que se fagan a través deles.

  2. O centro educativo nomeará un/unha profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital, que será o depositario da clave de acceso ao sistema.

  3. O/a profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital será o encargado de revisar as informacións, os contidos, as fotografías, os arquivos e as ligazóns das distintas seccións, ademáis das opinións vertidas polo alumnado nas seccións de comentarios e nos foros; así como de eliminar aqueles que considere inapropiados para a comunidade educativa.

  4. Do mesmo xeito, o/a profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital accede a revisar o contido dos comentarios manifestados polos lectores do Periódico Escolar Dixital en cualquera artigo que ofreza unha opinión de terceiras persoas; en cualquera caso, ao non ser o seu alumnado autor destes comentarios, a súa responsabilidade limítase ao citado labor de selección.

  5. O centro educativo, a través do/a profesor/a responsable da xestión do Periódico Escolar Dixital, será o responsable de rexeitar, eliminar ou editar os ditos contidos, sen previa notificación, atendendo aos seus propios criterios, se son considerados inapropiados para o sistema de periódicos escolares dixitais e serán os centros educativos responsables de calquera contido, arquivos ou fotos que carguen.

  6. A publicación de calquera arquivo, por parte do centro educativo no sistema de Periódicos Escolares Dixitales implica a cesión dos dereitos de publicación na web educativa de maneira gratuita, co obxectivo de axudar a toda a comunidade de usuarios/as.

Máis información no arquivo adxunto.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?