A creación en xuño de 2019 do ámbito de Memoria Histórica do Concello da Coruña puxo en relevo o firme compromiso do novo Goberno municipal pola defensa dos valores democráticos e a recuperación e divulgación da memoria colectiva. A súa incorporación ao Servizo de Educación responde á imperiosa necesidade actual de divulgar os principios e valores do Estado social e democrático de dereito, a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político e a importancia da soberanía nacional do pobo ás novas xeracións.
Entre as súas funcións contémplase o dereito á verdade das vítimas e a protección da súa memoria a través da documentación e a salvagarda dos seus testemuños en arquivos públicos. O dereito á xustiza e a investigación dos bens expoliados. O deber de memoria como garantía de non repetición e a retirada dos símbolos e elementos públicos contrarios á Memoria Democrática. O respecto aos lugares de especial transcendencia na memoria colectiva, que terán unha función conmemorativa e didáctica. O apoio ás entidades e movementos memorialistas. Pero sobre todo o fomento dos valores democráticos e de convivencia, do coñecemento da historia democrática española e dos dereitos fundamentais e humanos.
O 1 de feb de 2023
O Concello e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) traballan na localización dos domicilios de 17 coruñeses que foron deportados a campos de concentración nazis.
O 12 de dec de 2022
O 13 de decembro de 17:00 a 19:00 no salón de actos da UNED na Coruña
O 3 de nov de 2022
Organizado pola Concellería de Educación e Memoria Histórica do Concello de A Coruña en colaboración coa UNED de A Coruña
O 3 de nov de 2022
Organizado pola Concellería de Educación e Memoria Histórica do Concello de A Coruña en colaboración coa UNED de A Coruña
O 2 de nov de 2022
Poderá visitarse a partires das 11.30 horas do venres 4 na Casa Museo Casares Quiroga e manterase ata o 8 de xaneiro de 2023
O 27 de xul de 2022
A exposición homónima estará na Sala de Exposicións Salvador de Madariaga ata o 6 de novembro, con paneis que recollen información e viñetas da obra
Ver anexos
Consello de Memoria Democrática
Órgano consultivo impulsado polo Goberno municipal da cidade desde febreiro de 2018 cuxo fin é asesorar ao executivo local en materia de memoria histórica e democrática, e promover a realización de informes, accións e actividades relativas á reparación moral e a recuperación da memoria persoal e familiar daqueles e aquelas que padeceron persecución ou violencia por razóns políticas, ideolóxicas ou de crenza relixiosa, dar resposta ao establecido na Lei de Memoria Histórica e atender ás demandas das vítimas en termos de verdade, xustiza e reparación.
Está presidido pola alcaldesa da Coruña, vicepresidente o concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, vocais un concelleiro ou concelleira representante de cada grupo da Corporación municipal, representantes do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da Real Academia Galega, da Universidade da Coruña, do Arquivo Municipal e das principais entidades memorialistas da cidade, así como dous investigadores de recoñecido prestixio. Secretario/a un funcionario/a de o Servizo de Educación.
ACTAS RELACIONADAS:
Entidades Colaboradoras
ARGA. ATENEO REPUBLICANO DE GALICIA
facebook.com/Ateneo-Republicano-de-Galicia-312926862210787/
ARMH. ASOCIACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA
CRMH. COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
CÁTEDRA DE MEMORIA HISTÓRICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
https://catedramemoriahistorica-udc.gal/
secretaria@catedramemoriahistorica-udc.gal
Centro Universitario de Riazor (CUR) | Rúa Almirante Lángara s/n | 15011 A Coruña
PUNTO DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO E AOS SEUS FAMILIARES (PAVF)
https://catedramemoriahistorica-udc.gal/atencion-vitimas-franquismo/
pavf@catedramemoriahistorica-udc.gal
Centro Universitario de Riazor (CUR) | Rúa Almirante Lángara s/n | 15011 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible