Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inés Rey: “Recorreremos a sentenza xa que non é de xustiza indemnizar o ilexítimo dono do pazo”

Cando:

25 de febreiro de 2021

Sinalou que “os servizos xurídicos municipais xa están traballando neste anuncio de recurso de casación” A rexedora confirmou que “é de xustiza manter a mesma posición durante todo o proceso, até o final” e aclarou que a posición procesual do Concello da Coruña “é autónoma”

O Concello da Coruña recorrerá contra a sentenza da Audiencia Provincial que confirma que o pazo de Meirás é patrimonio público, aínda que lle ordena ao Estado pagarlles ás persoas descendentes do ditador Francisco Franco como posuidoras de boa fe polos "gastos útiles e necesarios desde 1975". 

"Recorreremos contra a sentenza, xa que non é de xustiza indemnizar o ilexítimo dono do pazo", así o anunciou a alcaldesa, Inés Rey, que sinalou que "respectamos as posicións procesuais de todas as partes, pero o noso compromiso é firme".

Así, o Concello da Coruña confirma a presentación deste recurso, do mesmo xeito que fixeron o Concello de Sada e a Deputación da Coruña. Rey tamén informou de que os servizos xurídicos municipais "xa están traballando" neste recurso.

A rexedora confirmou que "é de xustiza manter a mesma posición durante todo o proceso, até o final" e aclarou que a posición procesual do Concello da Coruña "é autónoma" e que, polo tanto, cada Administración presentará o seu correspondente recurso de casación.

Por outra banda, a alcaldesa lembrou o impulso do Concello para a recuperación da Casa Cornide ao patrimonio público. Neste senso, o Concello encargou varios informes xurídicos, históricos e artísticos para, por unha banda, solicitarlle á Xunta a declaración do inmoble como BIC e, por outra, iniciar unha demanda xudicial para recuperar a Casa Cornide que, segundo a alcaldesa, avala, presuntamente, a ilegalidade dos distintos procedementos que levaron a que o edificio fose vendido a Carmen Polo. Inés Rey sinalou que "a Casa Cornide sempre pertenceu ao patrimonio público ata que nunha poxa de dubidosa legalidade se lle regalou á familia Franco, que entendía que o patrimonio público era susceptible de engrosar o seu patrimonio privado".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión