Concello da Coruña

Concello da Coruña

O luns 18 de abril presentarase o álbum-catálogo da exposición "María Casares. Vivencias de infancia e xuventude, 1922-1936"

Cando:

13 de abril de 2022

Terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga ás 19.00 horas e a entrada será gratuíta e ata completar a capacidade

En conmemoración do centenario do nacemento de María Casares e do día da proclamación da República o 14 de abril de 1936, en liña dos editados anteriormente polo Concello para recuperar a súa memoria gráfica, preséntase o álbum-catálogo da exposición "María Casares. Vivencias de infancia e xuventude, 1922-1936" realizado por Xosé Alfeirán e David Carballal.

O álbum-catálogo está composto por un folleto, unha árbore xenealóxica e 36 postais, en alusión simbólica ao ano 1936, cando María tivo que exiliarse de España e deixar de ser unha adolescente para entrar bruscamente na madurez. Recollen episodios e vivencias relacionadas coa súa orixe, a súa familia, os seus lugares e a súa vida de nena na Coruña, e de adolescente en Madrid ata ese ano. As postais constan dunha foto ou imaxe relacionada coas devanditas vivencias, procedentes de diferentes institucións e persoas; algunhas delas están coloreadas para incrementar o seu efecto estético. Van acompañadas dun texto composto dun fío condutor e unhas breves palabras de María Casares, entresacadas das súas memorias, nas que relatan os seus recordos sobre un aspecto concreto da súa familia ou vida. Os recordos de María son contrastados cos datos históricos contemporáneos, o que permite reflexionar sobre as diferenzas existentes entre a memoria e a historia.

Documentos relacionados

  • María Casares. Vivencias de infancia e xuventude, 1922-1936 (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión