Concello da Coruña

Concello da Coruña

UDC e Concello poñen en marcha o punto de información para as vítimas do franquismo, “un punto de xustiza, solidariedade e reparación da dor e da memoria”

Cando:

8 de xuño de 2021

O concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, participou na apertura deste servizo en que se resolverán cuestións legais xurídicas, psicolóxicas e históricas e se recoñecerá a persoas que foron obrigadas a se exiliaren ou que xa faleceron

O concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, participou este mediodía na apertura do punto de información para as vítimas do franquismo que a Universidade instalou no CUR en colaboración co Concello, e en que se resolverán cuestións históricas, psicolóxicas e xurídicas e se recoñecerá a persoas que foron obrigadas a se exiliaren ou que xa faleceron. 

O edil sinalou que será por tanto un punto de xustiza, solidariedade e reparación da dor e da memoria, en definitiva, da historia: "Será un lugar onde non vai existir revanchismo, nin se vai ir en contra de ninguén. Neste punto, porase en valor o que se ocultou durante anos e agardamos que perdure no tempo e que se normalice dentro dese proceso de recuperar a memoria que busca o Goberno de Inés Rey. Pola súa parte, o director da cátedra de Memoria Histórica, da que xurdiu a iniciativa, Uxío-Breogán Diéguez, explicou que o punto de información lles ofrecerá asistencia a persoas que foron, desde o inicio do período franquista até o final, catro décadas de ditadura e mais na transición, protagonistas deste tempo de terror, ademais de servir como reencontro para moitas/os familiares que non dispuxeron até o momento dun espazo en que transferiren coñecementos, experiencias e dores. Deste xeito, procuraranlles acougo desde xa a través dun sistema de cita previa, en que as/os interesados en obteren información deberán enviar un correo electrónico a catedra.memoria.historica@udc.es. Cando a situación se normalice, dez investigadores/as e docentes máis outras persoas asociadas prestarán este servizo durante tres días á semana no propio CUR.

O reitor Julio Abalde destacou que, ademais dun espazo de reflexión, esta novidade funcionará como unha oficina para lles aclarar ás vítimas aspectos legais xurídicos e sociolóxicos e afirmou que neste tempo xa recibiron requirimentos e preguntas de familiares que se están resolvendo desde a cátedra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión