Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Representantes municipais en consellos escolares de centros públicos do municipio. Curso 2018/19

O/a representante municipal ha intervir no Consello Escolar como un membro máis, cumprindo coas funcións e tarefas encomendadas pola lexislación vixente.

REFERENCIAS LEXISLATIVAS PARA OS CONSELLOS ESCOLARES

Na Resolución do 5 de outubro de 2007 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para realizar eleccións para constituír o consello escolar en centros escolares de nova creación e outros sostidos con fondos públicos, fanse referencias lexislativas para ter en conta:

No punto 6 do artigo 126 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, LOE, establécense que lles corresponde ás administracións educativas determinar o número total de membros do Consello Escolar e regular o proceso de elección, polo que, ao amparo do establecido na disposición transitoria undécima da LOE e dado que este precepto remite ás anteriores disposicións regulamentarias que aínda non foron ditadas, son de aplicación as normas dese rango que o viñan sendo á data de entrada en vigor da LOE, sempre que non se opoñan ao disposto nela.

Pola súa banda, o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro, establecen as condicións de realización das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes.

A Orde do 21 de outubro de 1996, pola que se determinan aspectos para elixir os membros do consello escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, establece o procedemento de integración no consello escolar do profesorado, do alumnado e dos pais do alumnado do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria que cursen estudos nun centro de primaria, e determina a composición dos consellos escolares dos institutos de educación secundaria con menos de oito unidades.

A Orde do 28 de agosto de 1996 pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros persoais concertados, establece que o devandito procedemento realizarase de acordo co regulamentado nesa orde e que nos aspectos non previstos nela haberá que aterse ao establecido para os centros públicos no Decreto 92/1988, do 28 de abril, modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo.

Procedemento establecido para as eleccións a consellos escolares:

  1. Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria, na Orde desta consellería do 21 de outubro de 1996 (DOG, 22/10/1996).
  2. Para os centros públicos integrados, no artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG, 26/01/1999)
  3. Para os centros públicos de ensino non universitario de características singulares , de educación especial e educación de persoas adultas, na Orde desta consellería do 29 de outubro de 1996 (DOG, 04/11/1996. Corrección de erros: DOG,15/11/1996)
  4. Para os centros privados concertados, na Orde desta consellería do 28 de agosto de 1996 (DOG, 26/09/1996)

Lexislación básica para os consellos escolares:

  • Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE 106, do 4 de maio de 2006)
  • Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (BOE do 4 de xullo de 1985)
  • Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 21/10/1996)
  • Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinos non universitarios (DOG 26/01/1999)
  • Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 09/08/1996)

CAPACIDADES BÁSICAS DO/A REPRESENTANTE MUNICIPAL

1.- Coñecer e situarse na realidade escolar do centro onde se ha intervir.

2.- Interpretar e utilizar correctamente os preceptos legais que regulan:

  • A vida profesional do profesorado de centros públicos (función pública, adscrición do profesorado, dedicacións, acceso á docencia, licenzas etc.)
  • A vida administrativa (admisión de alumnado, burocracia escolar, Lei de procedemento administrativo, libros e rexistros etc.)
  • O ámbito de xestión técnico-didáctico (calendarios e horarios, orientacións e programas, leis de normalización lingüística...)
  • Os órganós de goberno (LODE e disposicións que a desenvolven etc.)
  • A intervención da administración local (Lei 7/1985 reguladora das bases de réxime local etc.)

3.- Dar suxestións e proporcionar elementos para elaborar:

  • O proxecto educativo do centro
  • O Regulamento de réxime interno
  • O Plan anual do centro
  • A Memoria do centro
  • Instrumentos de avaliación formativa interna

4.- Actuar como canle de transmisión entre o Concello e o centro para dar a coñecer as actividades dos servizos pedagóxicos municipais e outras prestacións de caracter educativo.

5.- Proporcionarlle información ao distrito e á área ou concellería de ensino para que poidan coñecer a situación de cada centro e deseñar plans de actuación que se adecúen ás súas necesidades e expectativas.

6.- Facilitar o coñecemento mutuo e o traballo cooperativo entre o claustro e a APA, asociación de alumnado, asociación de veciñanza, movementos de profesorado da zona e outros movementos asociativos con incidencia no centro.

7.- Exercer un control social sobre o funcionamento do Consello Escolar, garantindo o cumprimento dos principios democráticos e a observancia dos preceptos legais.

8.- Velar por que o CEC promova unha xestión participativa e democrática do centro, achegando unha visión externa cualificada respecto dos problemas e as tomas de decisións que son responsabilidade do Consello.

9.- Utilizar os recursos que ofrece o coñecemento de dinámica de grupos co fin de optimizar a eficacia das sesións do Consello.

ANTÚNEZ, S. e VINTRO, E.: "Un plan de formación. Cadernos de Pedagoxía, n.° 158, páx. 19

SISTEMA DE XESTIÓN DE INFORMES DE CONSELLOS ESCOLARES

Este servizo permitirache almacenar os informes dos Consellos Escolares. É moi útil porque poderás recuperar toda a información que necesites nun só clic.

Acceso ao sistema

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?