Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • XXI Rebumbio matemático 2021-22

    Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

  • "ONDE ESTAMOS Os HOMES? DO SILENCIO CÓMPLICE Á RESPONSABILIDADE". Obradoiros de Octavio Salazar

    Obradoiros orientados a alumnado de secundaria, nos que traballar con mozos e mozas adolescentes ao redor de cuestións claves como: o sentido emancipador e democrático do feminismo, a conexión entre masculinidade e violencia, a cultura machista e as súas manifestacións na vida cotiá, o amor e a sexualidade e o compromiso dos homes coa igualdade.

  • A mellor estratexia de xogo 2021-22

    Obradoiro que ten como obxectivo promover no alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria previr o uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A outra veciñanza 2021-22

    A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

  • A pandemia 2021-22

    Ata ben entrado o século XX os virus constituían un misterio invisible. Eran de transcendental importancia, pero non detectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Anton van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto, un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiron antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis no coñecemento destes patóxenos.

  • A que tren sóbesche? Prevención de consumo de tabaco e alcol 2021-22

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctico dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da internet 2021-22

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga 2021-22

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2021-22

    O obradoiro combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo 2021-22

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Anillamiento científico de aves 2021-22

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Antenas de información xuvenil 2021-22

    O servizo muncipal de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante cúrsoo escolar. Participan neste programa de dinamización e difusión da información IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, entre outros.

    Estes pequenos puntos de información, coñecidos como Antenas de Información Xuvenil, conectan os Espazos de Información Xuvenil do concello coa mocidade ao achegarse aos centros educativos a través dun programa de difusión "da información entre iguais". Cada Antena de Información comprende: Un espazo físico no centro desde no que se difundirá información de interese xuvenil proporcionada semanalmente polos Espazos Municipais de Información Xuvenil do concello da Coruña Canles dixitais de interese xuvenil e, o máis importante: unha persoa ao un grupo de persoas, as/os antenas

  • Arte e cultura no centro 2021-2022

    O programa de Arte "e Cultura no Centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "PROXECTOS".

  • As/os menores e o consumo 2021-22

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2021-22

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sustentable e converter ao peón no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

  • Campacoles 2021-2022

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

    Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).

  • Cinema na escola 2021-2022

    Unha escena de cinema para a nosa contorna educativa.

  • Compras seguras 2021-22

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Concurso de vídeo-relatos do Día internacional da cidade educadora

    A Concellería de Educación, con motivo da celebración do día das cidades educadoras, organiza un concurso de vídeo-relatos destinado a alumnado de educación infantil e primaria, centrado na importancia de desenvolver, desde o ámbito local, estratexias que favorezan a inclusión.

  • Concurso Imaxina Coruña 2021-22

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír a resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

  • Concurso sensores para todos 2021-22

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar á xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable 2021-22

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Con-tacto con palabras 2021-22

    Ten como obxectivo abrir un espazo no que o alumnado poida expresar as súas realidades particulares en tempos de pandemia a través da escritura, traballando os distintos aspectos (cognitivos, de afrontamiento, emocionais...), e poder incorporalas de forma saudable a súa "nova normalidade".

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller "Escher" 2021-22

    A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia.

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e taller "Juan Gris" 2021-22

    A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

resultados 72

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión