Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña saúde

  • A mellor estratexia de xogo 2021-22

    Obradoiro que ten como obxectivo promover no alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria previr o uso inadecuado e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes dos videoxogos e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A que tren sóbesche? Prevención de consumo de tabaco e alcol 2021-22

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctico dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da internet 2021-22

    Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo de consumo de drogas 2021-22

    O obradoiro combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

  • Con-tacto con palabras 2021-22

    Ten como obxectivo abrir un espazo no que o alumnado poida expresar as súas realidades particulares en tempos de pandemia a través da escritura, traballando os distintos aspectos (cognitivos, de afrontamiento, emocionais...), e poder incorporalas de forma saudable a súa "nova normalidade".

  • Fuga de cerebros: habilidades sociais fronte ás drogas 2021-22

    Obradoiro para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de drogas.

  • Iso xa non é unha broma: prevención de acoso escolar e ciberacoso 2021-22

    Taller que promove potenciar as habilidades persoais e o traballo cooperativo dos participantes, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de acoso escolar.

  • O imperio da nube e o avatar oculto: vantaxes e riscos asociados ao uso da internet 2021-22

    Taller que promove un achegamento, adaptado á idade dos participantes, á toma de conciencia das vantaxes e riscos asociados a internet.

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos 2021-22

    Obradoiro que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociales e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para abordar e xestionar saudable e positivamente os conflitos en xeral e ante situacións relacionadas co consumo de drogas e alcohol en particular.

  • Primeiros auxilios nos centros 2021-22

    Realízao a Sección de Protección Civil do Servizo Municipal de Protección Civil e Bombeiros, consistente na aprendizaxe de primeiros auxilios, prevención e seguridade nos centros educativos da cidade.

    A persoa encargada é Federico de la Fuente Ortiz, monitor de Protección Civil e instrutor de Soporte Vital Básico e Desfibrilación Semiautomatica.

  • Taller de prevención no uso da internet, redes sociais e xogos interactivos 2021-22

    Este taller ten como obxectivo:

    • a prevención de risco no uso da internet, redes sociais e xogo interactivo
    • fomentar o uso responsable da internet, novas tecnoloxías, redes sociais e xogos interactivos
    • Identificar situacións de risco e as súas consecuencias
  • Tod@s contamos 1: prevención do consumo de drogas 2021-22

    O obxecto do obradoiro é dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a toma de decisións adecuadas ante a situación do consumo de drogas, así como evitar posibles situacións de risco asociadas.

  • Tod@s contamos 2: surfeando as drogas 2021-22

    Obradoiro que reforza o aprendido no taller "Todos contamos 1", utilizando recursos e metodoloxía práctica, incidindo nas dinámicas e adquisición de valores positivos para a adopción de condutas saudables.

  • “Sentidiño na rede”: Prevención de adiccións dixitais e uso inadecuado das novas tecnoloxías 2021-22

    Os recursos que proporcionan o novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O doado acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre os mozos e mozas fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías

    Este obradoiro promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre os usuarios e usuarias máis novos e novas, o bo uso destas tecnoloxías.

resultados 14

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión