Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña en igualdade

  • "Onde estamos os homes? Do silencio cómplica á responsabilidade". Taller de Octavio Salazar

    A pesar de todos os avances que na sociedade española habemos conseguido en materia de igualdade de mulleres yhombres, a realidade demóstranos insistentemente que a igualdade real está lonxe de conseguirse. É dicir, vivimos enuna sociedade formalmente igual, temos algunhas das leis máis avanzadas do mundo nesta materia, pero lacultura machista continúa prorrogando o eixo dominio masculino/subordinación feminina. As violencias de todo tipoque sofren as mulleres son a expresión máis brutal e evidente dese eixo xerárquico. Ante esta realidade, e ante elprogresivo avance de posicións políticas neomachistas, e dunha reacción patriarcal que cuestiona os avances de lasmujeres e a loita feminista, urxe o traballo con e para os homes. É urxente cuestionar a masculinidade patriarcal,entendida como unha megaestructura de pensamento, e iniciar procesos de revisión dun modelo de suxeito sen cuyocompromiso será imposible a consolidación dunha democracia paritaria.

  • Formación de mediadoras/es en igualdade e diversidade

    Esta proposta educativa céntrase na mediación como un procedemento para resolver conflitos, tendo en conta que os conflitos forman parte ineludible das relacións humanas, afectan á vida das persoas e á convivencia dentro e fóra do centro escolar.

    Os conflitos poden ser considerados un risco pero tamén unha oportunidade de desenvolvemento persoal e social do alumnado se se empregan as ferramentas idóneas para a abordaxe dos mesmos, tendo en conta que as chaves da mediación son a empatía, bos dotes comunicativas, saber escoitar, mente creativa e contención dos xuízos de valor, entre outras.

    A mediación escolar atópase na actualidade en expansión, tendo como protagonistas con carácter xeral da mesma ao profesorado. Con todo, desde esta proposta realízase un cambio nas figuras principais, derivando o liderado no alumnado interesado nesta proposta.

    Trátase dunha proposta de carácter voluntario que implica informar previamente ao alumnado para identificar ás persoas que puidesen ter maior interese na mesma.

    Unha vez identificado ao alumnado interesado en levar a cabo actuacións de mediación dentro do centro escolar, o alumnado recibirá un CURSO específico de MEDIACIÓN "EN IGUALDADE E DIVERSIDADE".

    O alumnado formado estará cualificado para apoiar a outros alumnos e alumnas de cursos inferiores, formando parte dun Equipo de Mediación no centro e, no seu caso, intercentros.

  • Foros debate: pensar en igualdade con amplitude de miras

    Esta proposta trata de fomentar a capacidade de formular argumentos propios, reflexionados e coa madurez que require dentro das idades en que está comprendida a proposta.

    As palabras reflicten dun modo profundo os conceptos máis arraigados da nosa visión do mundo, moldeando a un tempo a realidade que nos arrodea.

    Falar sobre novos conceptos e traer a debate temas que na actualidade preocupan ás mozas e aos mozos, máis aló dos paradigmas estáticos, favorece crear novos camiños favorables á igualdade e a diversidade.

    Trátase de crear un espazo no que verbalizar as olladas e os sentimentos das e dos adolescentes, compartir visións, valores, críticas e dúbidas do mundo que as/os arrodea, do que son axentes activos e importantes protagonistas na participación da creación do seu propio futuro.

  • Obradoiros de saúde afectivo sexual

    Programa educativo composto por obradoiros que abordan a Saúde Afectivo Sexual desde unha perspectiva de xénero nos que se traballa e reflexiona sobre as diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mozas ou mozos, as repercusións que estas diferenzas teñen nas nosas vidas e o impacto causado neste ámbito polos roles socialmente establecidos.

    A través destes obradoiros ofrécense ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira dado que non existe unha sexualidade normal, acomodada ou correcta. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable: o respecto cara a unha mesma, cara a un mesmo e cara ás outras persoas.

    Ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar poténciase a sensibilización do profesorado en relación á importancia da educación afectivo sexual desde unha perspectiva de xénero e a súa normalización dentro das aulas.

  • Sesións creativas: aprender igualdade creando

    Programa educativo composto por sesións que fan uso de ferramentas atractivas, de natureza lúdica, que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario. Estas sesións abordarán diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e a diversidade, axustadas a cada nivel educativo.

  • Sesións lúdicas: xogos e historias para medrar en igualdade

    Programa educativo composto por sesións nas que se aproveitarán as capacidades adquiridas nas novas etapas do seu desenvolvemento, como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais para, a través do valor simbólico do xogo, narración ou representación de historias, abordar diferentes cuestións sobre a igualdade e a diversidade.

    A educación de nenas e nenos entendida como un proxecto de crecemento común lévaos a  facerse persoas con igualdade de dereitos e deberes, aprendendo a respectar a pluralidade e diversidade para lograr un desenvolvemento no respecto, a comprensión e a aceptación mutua.

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión