Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña ambiental

  • A outra veciñanza 2021-22

    A presenza de animais acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. De man diso, nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir problemas que enturban a relación entre seres humanos e animais. Fomentar un coidado responsable e ético; evitar a introdución de especies exóticas ou o comercio de especies vulnerables son tópicos de interese neste ámbito. Xunto a esta veciñanza de carácter doméstico hai outra máis natural que é a miúdo branco de críticas polas molestias que xeran: as especies silvestres que comparten connosco a cidade. Ratas, estorniños, pombas ou gaivotas son as máis coñecidas.

  • A pandemia 2021-22

    Ata ben entrado o século XX os virus constituían un misterio invisible. Eran de transcendental importancia, pero non detectables como o neutrón, por poñer un exemplo. Os descubrimentos microbianos de Anton van Leeuwenhoek non os detectaban, como tampouco os avances bacteriolóxicos de Pasteur ou Koch, 200 anos despois. De súpeto, un coronavirus cambiou por completo a nosa vida, como só o conseguiron antes as peores guerras da humanidade. Afondemos un pouco máis no coñecemento destes patóxenos.

  • A ruta da auga 2021-22

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

  • Anillamiento científico de aves 2021-22

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Enerxía e cambio climático 2021-22

    A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

  • Fauna de aquí e de alá 2020-21

    A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenencia responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.

    ¿Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? ¿Estamos dispostos a asumir estas obrigacións legais e éticas para con elas?

  • Movemento sustentable 2021-22

    O 40% da produción enerxética final destínase ao transporte nas súas diferentes modalidades. O 15% é utilizado polas familias no seu vehículo particular. Se engadimos a parte de enerxía que se precisa para a fabricación e mantemento dos vehículos e infraestruturas necesarias esta demanda elévase ata o 50%. Practicamente o 100% dos combustibles teñen a súa orixe en derivados do petróleo o que supón unha dependencia dun recurso non renovable, escaso e que importamos. A educación, a saúde, o emprego ou o lecer deben de resultar accesibles a todos independentemente de que dispoñamos ou non de coche.

  • O aire que nos rodea 2021-22

    A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica ata tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

  • Residuos urbanos na Coruña 2021-22

    Paralelamente ao aumento do nivel de vida, á prosperidade económica e ao progresivo distanciamento do ámbito ambiental, os hábitos de consumo da maioría da poboación evolucionaron cara á ignorancia da repercusión das súas accións sobre ese ámbito. Isto desencadeou graves problemas ambientais. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución ao tratamento e eliminación dos residuos resultantes do principio de "usar e tirar", imperante hoxe en día.

    Reducir o consumo de materias primas, reutilizar manufacturas, pechar os fluxos económicos e ecolóxicos dos recursos limitados e cubrir as necesidades da poboación de maneira sostible son a base da economía circular. No Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña apóstase por unha separación selectiva en orixe que permite unha mellor integración dos residuos nos procesos de reciclaxe e compostaxe.

  • Vexo, vexo 2021-22

    As cidades e a contorna urbana son ecosistemas nos que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, no que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubrir as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que a cidadanía comprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión