Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A auga na Coruña 2019-20

Actividade na aula: xogo. Duración: 60 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Comprender o impacto da influencia humana na natureza.
  • Participar en situacións que requiran a comunicación e o entendemento para resolver un problema.
  • Desenvolver aptitudes respectuosas coa natureza

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO.

Recursos materiais:

Dado xigante, taboleiro ruta da auga, fichas preguntas e probas, medidor de aforro, cartóns de hábitos de consumo, cartóns de elementos.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

  • O ciclo da auga na nosa cidade. Captación, potabilización, usos da auga e depuración
  • Os estados físicos da auga.
  • Aforro e uso responsable da auga na nosa casa e na cidade

Desenvolvemento da actividade

Trátase de lembrar todas as etapas polas que pasa a auga desde que está nos ríos ata que, unha vez usada e depurada, é devolta novamente ao mar. Para iso, formaranse equipos que avanzarán no xogo ao realizar as distintas tarefas que se expoñen, como preguntas, probas ou pequenos experimentos.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión