Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio.
Servizo municipal:
Medio Ambiente
Tipo de actividade:
Complementaria
Obxecto:
Recoñecemento da auga como recurso imprescindible para a vida.
Comprender a importancia e relación da auga na biodiversidade da Terra.
Coñecer a fauna e a flora que vive na nosa cidade.
Coñecer a fauna e a flora que vive no curso do río Mero.
Aprender o respecto pola natureza.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 3º a 6º de EP
Recursos materiais:
Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LCD
Cando:
Ver condicións xerais do programa.
Inscricións:
Ver condicións xerais do programa.
Contidos
Distribución da auga.
A auga do río Mero.
Os animais e plantas que viven no curso do río Mero.
A auga da nosa cidade.
Os animais e plantas que forman os ecosistemas acuáticos presentes na ruta da auga da nosa cidade.
Desenvolvemento da actividade e metodoloxía
Charla-coloquio co apoio dun audiovisual interactivo que incorpora vídeos sobre os ecosistemas acuáticos presentes na ruta da auga da nosa cidade. Estes vídeos serven de ferramenta para un maior interese e comprensión dos contidos para tratar.
Contacto:
Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible