Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A contaminación atmosférica: quen a xera e como pode minimizarse 2019-20

Audiovisual interactivo. Coloquio con apoio audiovisual na aula. Duración aproximada: 60 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer que é a contaminación atmosférica
  • Mostrar que determinan as autoridades como valores de contaminación atmosférica
  • Coñecer quen son os principais axentes xeradores desta contaminación
  • Coñecer as medidas reductoras e paliativas desta contaminación

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP

Recursos materiais:

Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LCD.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

A través deste audiovisual coñeceremos cales son os limiares permitidos respecto das emisións atmosféricas. A partir de superar estes valores, as consecuencias na nosa calidade de vida e as repercusións na nosa saúde. Por último, as responsabilidades das autoridades e de cada un dos cidadáns.

Desenvolvemento da actividade

Detrás da complexidade da formulación química dun problema de contaminación atmosférica hai accións humanas: hábitos, industrias, lecer, etc.

Todos temos nosa parte de culpabilidade porque o noso desmedido consumo provoca niveis de emisións que se tornan insanas nas capas altas da atmosfera.

Repasaremos e charlaremos neste audiovisual con textos e vídeos tanto destes indicadores como das medidas de política local, global e individual que todos debemos adoptar para contribuír a reducir esta contaminación.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión