Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Centro municipal de animais de compañía 2021-22

Visita guiada ao Centro municipal de animais de compañía (Bens). Duración aproximada: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer as normativas que regulan a tenencia de cans na cidade e facilitan a convivencia destes coa poboación.
  • Reflexionar sobre a problemática do abandono e malos tratos animal nunha especie moi urbana e historicamente vinculada ao home.
  • Experimentar as principais pautas de conduta dos cans na súa relación coas persoas.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP.

Recursos materiais:

Aula, pantalla de proxección, computador portátil, proxector LDC.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

  • Principais soportes da loita contra o abandono: tenencia responsable, identificación con microchip, cría responsable.
  • Principais pautas na conduta canina. A expresión das emocións no can.
  • Normas de conduta, educación e convivencia de humanos e cans no medio urbano e rural.
  • A adopción de cans abandonados e a compra de individuos de raza definida.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

O desenvolvemento desta visita e os seus contidos divídese en dous partes:

a) charla e proxección: será protagonizada polo veterinario responsable da canceira e o educador/a responsable da visita. Entre outros temas, veremos nesta parte como funciona a clínica veterinaria e como é o protocolo no centro, desde que se recolle a un animal ata que é devolto ou adoptado.

b) Visita aos caniles: coñecemento da problemática do abandono, e contacto con algúns dos cans recolleitos.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión