Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

O sistema de control do aire da Coruña (Parque de Santa Margarita) 2021-22

Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Descubrir o funcionamento e os parámetros estudados nas Estacións de Vixilancia da Calidade do Aire na Coruña. Cantas e cales son na nosa cidade.
  • Dar a coñecer indicadores naturais da contaminación atmosférica que están ao noso ao redor: líquenes e plantas alértannos.
  • Coñecer e demandar a obrigatoriedade das autoridades de controlar a calidade do aire que respiramos.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO.

Recursos materiais:

Ficha de toma de datos.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

  • O ruído percibido directamente na rúa.
  • Medición do son: os decibeis.
  • Niveis de ruído e efectos á súa exposición.
  • Medición de parámetros meteorolóxicos nas casetas do Aire.
  • Medición da contaminación atmosférica
  • Indicadores naturais da contaminación atmosférica.

Desenvolvemento da actividade

A través dun percorrido camiñando polo Parque de Santa Margarita imos coñecer interesantes cuestións acerca da contaminación atmosférica. Alí visitaremos a Estación de Calidade do Aire. Os participantes, a través dunha ficha de traballo, realizarán unha toma de datos de diferentes parámetros ambientais para ser analizados posteriormente no taller.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión