Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico 2021-22

Esta é unha actividade lúdica, complementaria á formación en educación viaria.

A súa finalidade é achegar ao alumnado ás nosas dependencias e ensinar o funcionamento da Sala de Control Semafórico na Estación de Autobuses, sede da Concellería de Mobilidade Sustentable.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Descubrir como se desenvolve o traballo policial na Sala de Control Semafórico.
  • Aprender os elementos básicos de articulación da rede semafórica.
  • Achegar ao alumnado ás dependencias policiais.
  • Relacionarse coa Policía Local desde unha perspectiva formativa e colaboradora.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os niveis educativos.

Cando:

Dende o 15/10/2021 ata o 15/06/2022

Xestionarase en virtude da evolución da pandemia de coronavirus.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 06/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Horario:

De 9 a 14h, en función das necesidades dos centros educativos.

Desde este departamento controlamos o tráfico a través de 41 cámaras situadas estratexicamente na cidade.

Ademais poderán ver o manexo dos paneis luminosos que informan os condutores da situación das vías e de todo o que pode incidir no tráfico: obras, carreiras, eventos... e sobre todo, mostrar os elementos básicos de articulación na rede semafórica.

Documentos:

Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico (875 KB)

Contacto:

Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez

Policía Local - Concello da Coruña.

Tlfo.: 981184200 | Ext.:54006/08

s.castro@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión