Concello da Coruña

Concello da Coruña

As/os menores e o consumo 2021-22

Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Consumo

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e EE de todos os centros educativos da Coruña

Obxecto:

O obxectivo da educación da persoa consumidora é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sostible.

A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.

Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.

A Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadoras/es especializadas/os no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis axeitadas ao desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os talleres compleméntanse con seminarios para o equipo docente e charlas para nais e pais do alumnado. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

Duración e localización

Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolveranse en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.

A planificación das actividades realizaraa a OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa do centro educativo.

Os talleres poderán ser realizados nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (r/ Costa da Palloza, 8).

Condicións do programa

O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados/as de forma preceptiva por persoal do centro educativo.

A OMIC contactará coa persoa que conste como responsable do programa para concertar as datas e horas das actividades. Sobre as datas e horas acordadas co centro non se aceptará ningún cambio salvo causas xustificadas e acreditadas debidamente, para iso a OMIC remitirá ao correo electrónico do centro o calendario acordado.

Todos os talleres poderán ser adaptados para alumnado con diversidade funcional para grupos de educación especial.

Cando:

Dende o 01/09/2021 ata o 22/06/2022

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica

Contacto:

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor

Sede: R/ Costa dá Palloza, 8. A Coruña 15006

Lidia Mª Blanco Iglesias

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

omic@coruna.es

ww.coruna.es/omic

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión