Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas CANADÁ 2023-24

Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, de cursar o Grao 11 en Canadá. -equivalente a 1.º de Bacharelato.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4.º de ESO durante o curso 2022/23 e que estean en condicións de cursar 1.º de Bacharelato durante o curso 2023/24.

O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso escolar 2022-23 nun centro da cidade da Coruña
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22

CONTÍA E TIPO DE BOLSA

O crédito total consignado para esta convocatoria é de 650.000€. O custo praza será o resultado de dividir o total do crédito destinado ao programa entre o total de prazas ofertadas pola empresa adxudicataria do contrato de xestión do programa (35 prazas).

A participación no programa de BOLSAS CANADÁ non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan, establecendo dous tipos de bolsa:

  • Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9 000,00 € anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95 % e un mínimo do 5 % do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais per cápita. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza.

DIÑEIRO DE PETO

As persoas seleccionadas dispoñerán como mínimo de 50 €/mensuais como diñeiro de peto para os seus gastos persoais.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

  • Cualificación media obtida en 3º de ESO, ata un máximo de 5 puntos.
  • Cualificación final da materia de lingua estranxeira (inglés ) en 3º de EOS, ata un máximo de 5 puntos.
  • Persoa con discapacidade. Nos casos en que se acredite a existencia dunha situación de discapacidade da persoa solicitante da bolsa nun grao igual ou superior ao 33%, outorgaránselle 2 puntos na baremación.
  • Violencia no ámbito familiar. Nos casos en que se acredite a existencia de situación de violencia de xénero na unidade de convivencia non se terán en conta os ingresos da persoa agresora á hora de determinar a renda per cápita. Esta última condición acreditarase presentando a documentación que se indica no art. 5 da Lei 11/2017, do 27 de xullo, galega para a prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero.
  • Ingresos económicos da unidade de convivencia ata un máximo de 10 puntos.

Os datos que se tomarán de referencia para a baremación destes criterios no relativo ao cálculo da renda per cápita, a puntuación de situacións de discapacidade e a valoración de situacións de violencia de xénero serán os existentes a 31 de decembro de 2021.

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

    • Fotocopia do DOI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos proxenitores ou representantes legais, no seu caso. As persoas que resulten seleccionadas como bolseiras deberán de dispoñer de pasaporte español no momento da tramitación do visado.
    • Resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña, no que se acepta participar no programa e as bases que o regulan. este documento debe de estar asinado pola persoa solicitante e os seus proxenitores ou representante legal.
    • Certificado académico das cualificacións correspondentes a 3º da ESO do curso académico 2021-22.
    • Certificado de matrícula do curso 2022-23 onde conste nome da persoa solicitante, datos do centro e curso no que estea matriculada.
    • Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia, acreditativo do grao de minusvalía da persoa solicitante da bolsa.
    • Se for o caso, documentación acreditativa da existencia de casos de violencia de xénero na unidade de convivencia, de conformidade co artigo 5 dá Lei 11/2007, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
    • No caso de que non se autorice na solicitude a consulta de datos tributarios,deberán achegar certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (en adiantes AEAT) das declaracións de IRPF individuais de ambos os proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2021, emitidas e datadas no mes de xullo, ou posterior, de 2022.
    • No suposto de familias monoparentais, achegarase acreditación documental das circunstancias familiares, tales como: título de familia monoparental, sentenza de divorcio e convenio regulador onde conste o relativo á custodia do menor, certificado de defunción (no caso de viudedaz) e libro de familia ou documento análogo que acredite o estado civil dos membros da unidade de convivencia.
    • Cando se teña acordada pensión de alimentos, ou exista dereito a ela, deberá achegarse, a resolución xudicial máis recente que a estableza. No caso de que exista incumprimento total ou parcial do abono da pensión deberá achegarse copia da admisión a trámite da demanda de execución ou da denuncia presentada.

    PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

    A documentación complementaria do expediente (ver apartado 9 das bases) e o xustificante de confirmación da inscrición on-line, debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais, teñen que presentarse por rexistro para optar á bolsa.

    O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o da menor que solicita a bolsa.

    O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: https://sede.coruna.gal/descarga/1150716275584/mod001_Solicitud_general_campos.pdf

    Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos e está dispoñible na sede electrónica.

    A presentación da documentación pode facerse:

    • Nos rexistros municipais (María Pita, Franxa, Fórum metropolitano, Agora e centro cívico de Mesoiro) solicitando cita previa https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/cita-previa
    • No rexistro telemático da sede electrónica municipal /sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/rexistro-electronico
    • En calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2012, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

    OBRIGACIÓNS DAS BENEFICIARIAS

    O alumnado seleccionado está obrigado a:
    • Participar en cuantos viaxes e reunións sexan convocadas, así como
    • Facer efectivo, no seu caso, a porcentaxe que lle corresponda abonar do custo da súa participación no programa. Esta cantidade indicarase, xunto coa baremación do expediente, na relación definitiva de persoas seleccionadas, que serán publicados na web educativa municipal (/educacion/gl)
    O abono farase á empresa adxudicataria do contrato no momento en que se acepte a praza concedida polo Concello.
    O incumprimento destas obrigacións implicará a expulsión do programa e acordaranse por resolución motivada do órgano competente.

    PUBLICIDADE E TRANSPARENCIA

    A selección do alumnado participante realizarase por parte do Concello en réxime de concorrencia competitiva. Esta selección efectúase de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade e non discriminación, aplicando os criterios de valoración fixados nas bases.
    O procedemento para a selección do alumnado iniciarase de oficio mediante a correspondente convocatoria aprobada polo órgano competente do Concello e está publicada en:
    O servizo municipal de Educación realizará as comunicacións aos participantes a través da páxina web municipal (/educacion/gl), sendo responsabilidade destes a consulta da mesma para obter a información relativa a: listaxes, prazos, convocatorias de reunións e outras cuestións relacionadas co programa.

    Cando:

    Dende o 01/08/2023 ata o 30/06/2024

    A estancia en Canadá comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024 (aprox.), incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

    Inscricións:

    Dende o 09/01/2023 ata o 20/01/2023

    Inscrición alumnado

    O prazo de presentación das solicitudes e documentación complementaria correspondente, será do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.

    As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

    1º Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe de achegar co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

    2º Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición on-line (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

    O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o da menor que solicita a bolsa.

    Contacto:

    Servizo Municipal de Educación

    educacion@coruna.es

    Documentos relacionados

    • Cartel Bolsas Canadá 2023-24 (1 MB)
    • Español Basees bolsas canadá (874 KB)
    • Galego Basees bolsas canadá (734 KB)
    • BOP A Coruña 22-12-22 (124 KB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión