Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2021-22

É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sustentable e converter ao peón no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP.

Horario:

Dentro do horario escolar. A data e duración axústanse á dispoñibilidade do centro e de Stop Accidentes.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

É un programa educativo e de participación cidadá que incorpora a práctica de hábitos saudables e de valores de convivencia con pautas de seguridade viaria para conseguir unha contorna urbana mais segura e sustentable.

Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de Stop Accidentes.

Condicións do programa

A actividade se coodina, por orde de inscrición, co centro educativo.

  • Desenvólvese con todo o alumnado do centro educativo.
  • A metodoloxía adáptase ás idades do alumnado.
  • O taller inicial e a aplicación da enquisa ten unha duración de 2 clases de 50 minutos.

Actividades

Centros que inician o programa:

  • Taller interactivo de mobilidade sustentable e segura.
  • Aplicación da enquisa de hábitos de mobilidade e análise de resultados.
  • Auditoría de seguridade da contorna e proposta de mellora.
  • Reunión cos axentes implicados (comunidade escolar, comerciantes).
  • Establecer rutas ANCAS e mapa de percorridos.
  • Sinalización do percorrido.
  • Inscrición do alumnado e coordinación das familias acompañantes.

Centros participantes do programa:

  • Concurso de cartas ou debuxos "Agora imos andando ao cole".
  • Taller de seguridade viaria.
  • Taller de chapas: realizar unha chapa cun tema de seguridade viaria.
  • O detective da mobilidade: observación da contorna e as rutas, observar os puntos de risco e as necesidades de mellora.
  • Taller da multa solidaria: detective da seguridade viaria na contorna familiar e urbana.
  • Taller de iniciación e habilidades na bici.

Condicións do programa

  • A actividade coordínanse, por orde de inscrición, co centro educativo.
  • Desenvólvese con todo o alumnado do centro educativo.
  • A metodoloxía adáptase ás idades do alumnado.•
  • O taller inicial e a aplicación da enquisa ten unha duración de 2 clases de 50 minutos (unha teórica e outra práctica)

Cando:

Dende o 09/09/2021 ata o 22/06/2022

Inscricións:

Dende o 09/09/2021 ata o 22/06/2022

Inscrición de novos centros: por correo ou a través do formulario en liña

Para os centros que xa participen no programa: os pais, nais ou titores/as responsables poden inscribirse directamente na ficha en liña.

Contacto:

Stop Accidentes Galicia

Avda de Chile ,19 baixo, A Coruña

Responsable do programa: Angela Mª Jiménez

T: 981 289 368 / 667 309 450

Horario:10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h

Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org

Web: www.stopaccidentes.org

Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é

Twitter @GaliciaStop

Blogue: https://stopaccidentes.org/bloggalicia/blogue/gmx-niv35.htm

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión