Concello da Coruña

Concello da Coruña

Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro) 2022-23

É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e converter os peóns e as peoas nos verdadeiro protagonistas da seguridade viaria.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP

Obxecto:

Promover a transformación do modelo de mobilidade da nosa cidade a modelos positivos baseados en valores de convivencia que incorpora a práctica de hábitos saudables para conseguir unha contorna urbana máis segura e sostible.

É un programa educativo e de participación cidadá que incorpora a práctica de hábitos saudables e de valores de convivencia con pautas de seguridade viaria para conseguir unha contorna urbana máis segura e sostible.

Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de Stop Accidentes.

Condicións para participar no programa

A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.

  • A participación é gratuíta.
  • Desenvólvese con todo o alumnado do centro educativo.
  • O contido e a metodoloxía adáptanse ás idades do alumnado.
  • As actividades desenvólvense segundo a fase na que se atope o centro educativo dentro do proxecto de camiño escolar seguro A.N.C.A.S.

Actividades

1.- Centros de continuidade que participan en A.N.C.A.S.:

Actividade teórica: Taller de mobilidade sostible e segura. Duración 50´

Actividades prácticas opcional. Duración de 50´

  • Multiplicadores de vida: taller de manualidades / chapas con mensaxes de seguridade viaria.
  • Taller de habilidades en bicicleta e patinete.
  • Detectives da mobilidade: talleres de observación, deseño urbano e multas solidarias.
  • Concurso de cartas e debuxo "Agora imos andando ao cole!": dirixido ao alumnado de segundo e terceiro ciclo de educación primaria.
  • Faite ver: sensibilización sobre o uso de elementos reflectores nos desprazamentos como peón/peoa e ciclista.
  1. Centros que inician o proxecto de camiño escolar A.N.C.A.S.
  • Taller teórico interactivo de mobilidade sostible e segura.
  • Aplicación da enquisa de hábitos de mobilidade e análise de resultados.
  • Auditoría de seguridade da contorna e proposta de mellora.
  • Reunión cos axentes implicados (comunidade escolar, comerciantes).
  • Establecer rutas A.N.C.A.S. e mapa de percorridos.
  • Inscrición do alumnado e coordinación de acompañantes.

Cada actividade teórica terá unha duración de 50´ que inclúe a aplicación da enquisa de mobilidade.

Observación: o desenvolvemento de actividades de implantación do percorrido realízao o persoal técnico de STOP Accidentes en colaboración co concello.

Cando:

Dende o 01/10/2022 ata o 30/06/2023

Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2022-2023.

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición de novos centros: por correo ou a través do formulario en liña

Para os centros que xa participen no programa A.N.C.A.S. en calquera das súas fases, os pais, nais ou titores/as responsables poden inscribirse directamente na ficha en liña ou solicitar un impreso na ANPA ou á secretaria do centro e facérnola chegar fisicamente.

Contacto:

STOP Accidentes Galicia

Avda. de Chile, 19, baixo, A Coruña

Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós

Tel.: 981 289 368 / 667 309 450

Horario: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h

Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión