Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña
Só da Coruña
Consumo
Complementaria
Alumnado de EP e EE de todos os centros educativos da Coruña.
O obxectivo da educación das persoas consumidoras é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesarios para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sostible.
A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar a cidadanía en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.
Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.
A Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa A Coruña Educa presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadoras/es especializadas/os no campo do consumo responsable e coordinado pola OMIC.
Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis axeitadas ao desenvolvemento curricular correspondente.
Ademais, os talleres compleméntanse con seminarios para o equipo docente e charlas para nais e pais de alumnos/as. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.
Duración e localización
Cada taller ten unha duración aproximada de 60 minutos e desenvolverase en horario lectivo. É preceptiva a presenza de persoal docente do centro durante o desenvolvemento da actividade.
A planificación das actividades realizaraa a OMIC coa persoa responsable da coordinación deste programa do centro educativo.
Os talleres poderán ser realizados nos propios centros educativos ou nas instalacións da OMIC da Coruña (r/ Costa da Palloza, 8).
Condicións do programa
O número máximo de participantes por grupos é de 25 (unha aula), en cada taller, acompañados de forma preceptiva por persoal do centro educativo.
A OMIC contactará coa persoa que conste como responsable do programa para concertar as datas e horas das actividades. Sobre as datas e horas acordadas co centro non se aceptará ningún cambio salvo causas xustificadas e acreditadas debidamente, para iso a OMIC remitirá ao correo electrónico do centro o calendario acordado.
Todos os talleres poderán ser adaptados para alumnado con diversidade funcional para grupos de educación especial.
Dende o 15/09/2022 ata o 21/06/2023
Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022
Inscrición para os centros
OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor
Sede: r/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006
Lidia M.ª Blanco Iglesias
Teléfono: 981 189 820
Fax: 981 189 821
A-Coruna-e-o-Consumo.-Consumo-Educa-Coruna.-2022-23.pdf (1 MB)
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible