Dirixido ao alumnado de 3.º a 6.º de educación primaria da cidade, para promover o camiño escolar e a seguridade viaria en todos os centros da cidade, impulsando hábitos de mobilidade saudables nos desprazamentos cotiáns do alumnado para fomentar o desprazamento a pé de nenos/as e familiares nos seus traxectos escolares.
Só da Coruña
Educación
Complementaria
Alumnado de 3.º a 6.º de educación primaria dos centros educativos primarios públicos, concertados e privados da cidade.
Temática para traballar en formato carta e/ou debuxo
Concurso dirixido aos centros educativos de educación primaria da Coruña, nos que poderá participar o alumnado que curse 3.º, 4.º, 5.º e 6.º en 2022-2023.
O alumnado previo á entrega de traballos deberá recibir un taller teórico no que se traballan distintos temas de mobilidade sostible e segura, para logo realizar unha carta ou un debuxo dando unha mensaxe en relación ao contido.
Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia
Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é
Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop
Cada centro educativo fará unha preselección e enviará un máximo de 15 debuxos e/ou cartas que considere que cumpren os obxectivos do proxecto (xunto coa lista do alumnado seleccionado e o título dos seus traballos), á Asociación STOP Accidentes Galicia.
Permitiráselle participar ao alumnado nas dúas modalidades, é dicir admitiranse por alumno/a un traballo de carta e debuxo, na que só será finalista nun só traballo.
Premios
Premiaranse 6 debuxos, 6 cartas gañadoras e 3 premios especiais de debuxos de portada e bases do calendario, que serán os traballos que ilustren o calendario da Asociación para 2023.
Os/as alumnos/as gañadores recibirán un premio relacionado coa seguridade viaria e sortearanse dous agasallos entre todas e todos os alumnos participantes.
Un ano máis contamos coa colaboración da Fundación Mapfre, o que nos permite transcender co programa fóra da Coruña. Os traballos que participen no Concurso de camiño escolar edición 2022-2023 presentados no termo municipal da Coruña, pasarán a unha segunda fase, onde competirán, con alumnado do resto da Comunidade Autónoma de Galicia; e optarán ao Concurso Nacional realizado con Fundación Mapfre.
Nesta sesión 2022/2023 participarase na fase da Comunidade Autónoma e Nacional en grupos de idades, unha para 3.º e 4.º e outra para 5.º e 6.º.
A entrega de premios para as e os gañadores da Coruña terá lugar no Salón de Plenos do Concello no mes de decembro 2022.
Dende o 15/09/2022 ata o 31/10/2021
Prazos
Xa rematou
Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2021
Inscrición para os centros
Enviando un correo a ancasgalicia@stopaccidentes.org.
Asociación Stop Accidentes
STOP Accidentes Galicia
Avda. de Chile, 19, baixo, A Coruña
Tel.: 981 289 368 / 667 309 450
Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org
Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia
Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é
Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible