Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso de vídeo-relatos do Día internacional da cidade educadora

A Concellería de Educación, con motivo da celebración do día das cidades educadoras, organiza un concurso de vídeo-relatos destinado a alumnado de educación infantil e primaria, centrado na importancia de desenvolver, desde o ámbito local, estratexias que favorezan a inclusión.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de educación infantil (1º e 2º ciclo) e primaria de escolas infantís e centros educativos do municipio.

Horario:

O martes 30 de novembro celebrarase unha recepción municipal no salón de plenos do Concello da Coruña para facer entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso e celebrar o 30º aniversario do día das cidades educadoras.

Nun momento no que especialistas de todo o mundo alertan sobre impáctoo que a pandemia terá ao longo dos próximos anos, e que tenderá a acentuarse naqueles sectores de poboación máis vulnerables, as Cidades Educadoras deben estar á beira da poboación que máis apoio necesita, reforzando a igualdade de oportunidades, a inclusión, o progreso social e o crecemento sustentable. Por todo isto, este ano elixiuse o lema: "A Cidade Educadora non deixa a ninguén atrás".

O concurso de vídeo-relato organizado para conmemorar esta data leva por título: "Érase unha vez... un mundo sen educación para todos e todas". Baixo este tema os centros participantes deberán realizar un relato desenvolvendo algún dos puntos establecidos na Carta de Cidades Educadoras: diversidade e non discriminación, acceso á cultura, educación inclusiva ao longo da vida, promoción da saúde, inclusión e cohesión social, co-responsabilidade contra as desigualdades.... Estas temáticas poderán desenvolverse de diversas maneiras, tales como: remake dunha película, creación dunha canción, falso documental ...

Bases do concurso

Poderán participar todos os Centros Educativos do municipio da Coruña en representación dos seus alumnos/as que cursen calquera ciclo de Educación Infantil (incluídas Escolas Infantís de 0-3 anos) e Educación Primaria.

A mera presentación ao concurso supoñerá a aceptación das normas contidas nas presentes bases polo centro educativo e o seu compromiso para informar convenientemente sobre as mesmas tanto ao alumnado participante como aos seus proxenitores ou titores/as legais.

Mecánica de participación

  1. Reunirse co alumnado e que voe a creatividade.
  2. Cubrir a ficha de inscrición.
  3. Elixir os decorados, os diálogos, a música... e a gravar!.
  4. Envíar o vídeo e as autorizacións dos/as menores ao email: info@vitaevents.es

Requisitos do vídeo-relato

  • O vídeo-relato deberá cinguirse á temática exposta pero desde unha perspectiva que fomente a creatividade e a orixinalidade.
  • O vídeo-relato terá unha duración mínima de 60 s e unha máxima de 90 s.
  • O peso máximo será de 500 MB.
  • O vídeo-relato deberá gravarse cun teléfono movil.
  • Cada centro poderá participar en cada unha das 3 categorías co número de vídeos que desexen.
  • O vídeo-relato poderá realizarse en calquera das linguas oficiais de Galicia.
  • Poderán enviarse os arquivos en calquera dos seguintes formatos: mov, mp4, mpg, rm, wmv.
  • Non se aceptarán traballos con contido abusivo, violento, obsceno, racista, sexista, ameazante ou que vulnere calquera dereito fundamental.
  • O centro educativo será o responsable de enviar e recoller as autorizacións de imaxe dos/as menores participantes asinadas polos seus proxenitores ou titores/as legais e remitir devanditos documentos ao email info@vitaevents.es.
  • Se no vídeo-relato aparecen imáxenes de persoas (exemplo: se se grava nun espazo público), estas deberán coñecer para que están a ser gravadas e dar o seu permiso para iso.
  • Os vídeo-relatos que se acepten poderán ser publicados na páxina web e as redes sociais do Concello da Coruña. Ademais, estes traballos poden ser publicados nos medios informativos, utilizados en edicións dixitais, producións audiovisuais ou editados en libros e folletos como material didáctico ou para calquera outro fin que o Concello da Coruña estime conveniente, tendo en conta que en ningún caso a utilización destes vídeos terá ánimo de lucro.

Criterios de valoración

  • Creatividade. O xurado terá en conta a orixinalidade do traballo.
  • Calidade. Valorarase o coidado e a presentación dos traballos e a súa adaptación ao obxecto do concurso.
  • Mensaxe. A adecuación do traballo para transmitir os valores da temática desta edición.
  • Visión global. O xurado valorará aqueles proxectos que transcendan a límites da aula e busquen involucrar a outras persoas as contornas e recursos educativos (bibliotecas, parques...)

Categorías

  • Categoría: educación infantil, 0-6 anos.
  • Categoría: 1º, 2º e 3º de educación primaria
  • Categoría: 4º, 5º e 6º de educación primaria

Premios

  • Para os centros: Outorgarase un premio por cada unha das categorías dun cheque con valor de 100€ ao centro educativo, para gasto en material educativo.
  • Para o alumnado: As persoas gañadoras en cada unha das categorías, recibirán un diploma e algunha sorpresa máis.

Cando:

Dende o 10/11/2021 ata o 30/11/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/11/2021 ata o 25/11/2021

Ficha de inscrición

Contacto:

Vitaevents

info@vitaevents.es

Tel. 692 876 602

Servizo municipal de Educación

educacion@coruna.gal

981 18 42 00 ext. 12047 12041

Documentos:

Guía do programa (2 MB)

  • Concurso vídeo-relatos Cidades Educadoras

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión