Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consello Local da Infancia da Coruña

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil adesenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por ungrupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil celebrado ennovembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade deconstituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia,recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último éconstituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia áspolíticas públicas do Concello.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Participación

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña

Horario:

  • Webinar informativo para o profesorado interesado: 1 h (Outubro 2022)
  • Webinar informativo para as familias interesadas: 2 sesións de 1 h (Outubro 2022)
  • Sesión presencial de presentación dos materiais para o traballo autónomo en aula: 1 sesión de 90min. (Outubro 2022)
  • Sesións de traballo co grupo estable de participación infantil: 8 sesións de traballo de 2 h, en horarioextraescolar (Xaneiro - abril 2023)
  • Sesión de constitución do CLIAC: 2 h (Maio 2023)

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

  • Fomentar a participación cidadá entre a infancia da cidade, entendéndoa como un dereitobásico deste segmento da poboación.
  • Constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz dainfancia ás políticas públicas do Concello.
  • Dar continuidade ao traballo xa iniciado por un grupo de centros no 2021, aproveitando o xaxerado e consolidando ese núcleo activado.
  • Tecer rede entre os centros, docentes, familias e alumnas e alumnos interesados no ámbitoda participación cidadá e a infancia.

O obxectivo último deste programa é a activación, en maio de 2023, do Consello Local da Infancia daCoruña, un órgano representativo onde nenas e nenos de toda a cidade sexan as representantes dainfancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións en torno ás cuestións quelles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito a participación e levando á práctica o labor dacidadanía participativa.

Como pasos previos á constitución deste órgano, cómpre realizar un traballo previo coas crianzas,tanto nas aulas como fóra. Este traballo comezará liderado polo profesorado de 5º e 6º de Educación Primaria, que apoiados nunha guía didáctica para o traballo en aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da Infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súacapacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia da cidade, convidándoasa candidatarse para o CLIAC.

Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaransesesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para a participación na sesión deconstitución do CLIAC que terá lugar en maio, aprobando así formalmente este novo órgano.

Cando:

Dende o 01/10/2022 ata o 31/05/2023

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Acceso á ficha xeral

Acceso á ficha específica

Contacto:

Departamento de Educación

981 18 42 00 ext. 12041 // 12047

cliac@coruna.gal

Requisitos:

Poderá participar na actividade o alumnado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña. Para candidatarse epoder formar parte do CLIAC, deberán contar coa autorización das súas titoras ou titores legais. Écondición indispensable para a participación no proxecto a implicación dunha profesora ou profesorpor grupo.

Recursos materiais:

Dossier da actividade e guía para o traballo autónomo eu aula para oprofesorado.

Recursos humanos:

Equipo da empresa adxudicataria responsable do desenvolvemento do programa

Rexenerando, Sociedade Cooperativa galega

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión