Concello da Coruña

Concello da Coruña

Conversa en liña II: publicidade e imaxe persoal. Imposición de canons estéticos. A hipersexualización

Nesta conversa exploraremos as permanencias e posibles disidencias para a imposición dos canons estéticos normativos e os mandatos sobre a beleza que afectan á nosa sociedade, facendo especial fincapé nas adolescentes.

Analizaremos o impacto emocional que esta violencia simbólica xera, facilitando recursos e claves ás e os adolescentes para camiñar cara a unha maior seguridade en si mesmas/vos, autocuidado e empoderamiento emocional e corporal, en especial por parte das nenas.

Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

Horario:

De 10.30 h. a 12.00 h.

Obxecto:

  • Explorar as pegadas do mito da beleza e a sexualización das identidades, facendo fincapé nas identidades en feminino.
  • Abordar aspectos relacionados coas neoprincesas, influencers, o xogo, a publicidade e as TRICS.
  • Reflexionar sobre a eterna cuestión, ¿feminidade empoderada e/ou feminidade sexualizada?.
  • Analizar as consecuencias dos mandatos e canons de beleza na saúde mental e física da adolescencia.
  • Facilitar claves para o empoderamiento e o benestar emocional máis aló dos canons de beleza establecidos.

Metodoloxía (aplicación web Mentimeter):

Para estimular a participación activa do alumnado nas actividades e que a experiencia sexa o máis interactiva posible, empregarase unha aplicación web, Mentimeter, a través da que a persoa relatora e o alumnado poderán interactuar e realizar preguntas ao longo da actividade.

Os resultados das preguntas, respostas, achegas, visualizaranse na pantalla a tempo real.

Para iso, o alumnado deberá dispoñer durante toda a actividade dun teléfono móbil ou acceso a un PC con conexión a Internet.

Outras condicións do programa (requisitos técnicos da aula/espazo)

Para garantir unha comunicación óptima, os centros educativos participantes terán que dispoñer dunha serie de requisitos técnicos e tecnolóxicos mínimos que posibiliten a interacción:

  • Computador, proxector e pantalla na aula (ou no espazo seleccionado para a realización da actividade;
  • Conexión a Internet;
  • Altofalantes;
  • Cámara no computador e micro (non indispensable, pero se recomendable).

Cando:

13/12/2022

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

C/ Hortensias, 11. 15008. A Coruña

E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67126 - 67905

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión