Concello da Coruña

Concello da Coruña

Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro "Juan Gris" 2021-22

A exposición "Converxencias, arte e ciencia: Juan Gris", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP do concello da Coruña.

Tamén existe a posibilidade de adaptar a sesión para 5º e 6º de Primaria, a Escola de Arte e á Universidade.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

Obxecto:

O obxectivo fundamental dos talleres-exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á mocidade. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos os polos.

Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras; para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo. A viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e finaliza con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais.

O núcleo central é a obra de Juan Gris (1887-1927). A exposición - taller, conta coa seguinte estrutura:

  • Presentación animada sobre o método compositivo e o uso da cor por Juan Gris.
  • Parte expositiva:
    • paneis interpretativos que poñen de manifesto as conexións coa ciencia das distintas obras obxecto de análises.
    • obras de arte dixital impresas en 3D
    • exposición de novos poliedros construídos nos centros educativos.
  • Talleres. En función das características do grupo, desenvolveranse algúns dos seguintes talleres para implementar a parte expositiva:
    • Conxunto de actividades relacionadas coa simetría:
      • Simetrías 2D (Libros de espellos, escritura de Leonardo, programa os 17 grupos de simetrías...)
      • Simetrías 3D (poliedros, simetrías especulares, caleidoscopios poliédricos...)
    • Tramas e ilusións ópticas
    • Espirais de Fibonacci
    • Topología. Cordas topológicas e banda de Möebius
    • Creando e interpretando mosaicos: xogo da Alhambra, tipo Escher, de Penrose
    • Grupos: dun poliedro, dunha figura plana
    • Zome, Polidrones, Icosaedro áureo, Tensegridades, Xogos 3D...
    • Os poliedros na arte

Requisitos

Preferiblemente grupos de ata 40 alumnos/as.

É conveniente que o profesorado asista á inauguración e á visita abreviada, para orientar a visita e os contidos do taller en función das características e intereses do grupo.

Pendente de confirmar o día e hora da inauguración.

Cando:

Dende o 24/01/2022 ata o 28/01/2022

No Centro Ágora.

Visitas e talleres para os centros educativos de 2 horas de duración, en horario de 9.00 a 11.00 h, de 10.40 a 12.40 e de 12.15 a 14.15.

A parte expositiva estará aberta ao público en xeral, en horario de 15.00 a 21.00 h.

Inscricións:

Dende o 09/12/2021 ata o 15/01/2022

A inscrición faise cubrindo o formulario que se atopa na web de IGACIENCIA.

Prazos de inscrición:

  • Desde o 9 ata o 16 de decembro (a partir das 17.00 horas do día 9) para os centros educativos do Concello da Coruña, un grupo por centro.
  • De 17 de decembro de 2021 a 10 de xaneiro de 2022 (a partir das 10.00 horas do día 17), no caso de que queden prazas libres, para os centros educativos doutros concellos, un grupo por centro.
  • Do 11 a 15 de xaneiro de 2022 (a partir das 10.00 horas do día 11), de ter posibilidade, os centros de calquera municipio, poderán inscribir un segundo grupo.

Contacto:

IGACIENCIA: Inés Ben secretaria@igaciencia.org

Servizo Municipal de Educación: Tel. 981 184 200 (ext. 12041). educacion@coruna.es

En caso de dúbida, establecer contacto a través de secretaria@igaciencia.org.

Organiza:

IGACIENCIA http://www.igaciencia.eu

Programa financiado polo Concello da Coruña

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Máis información:

Organiza: IGACIENCIA

Programa financiado polo Concello da Coruña

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión