Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enerxía e cambio climático 2021-22

A enerxía é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos sería a primeira. A partir de aí, o resto das enerxías obtémolas da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º a 4º de ESO; 1º e 2º de BACH; FP.

Obxecto:

  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.
  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.
  • Fomentar a implicación do alumnado para propiciar un cambio do modelo de desenvolvemento cara a outro máis solidario e respectuoso co medio ambiente.

Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento das nosas necesidades. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso, etc. xeraron un desenvolvemento tecnolóxico e científico cara ás denominadas enerxías renovables que empezan a gañar presenza na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica...)

Construír un mundo máis sustentable é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consomen. Isto conséguese coa posta en marcha de tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural como o biogás procedente dos residuos urbanos. Novas tecnoloxías e novas aplicacións que se complementan cun esforzo aforrador e unha mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación continua e a súa automatización.

A concienciación dos máis novos representa o noso futuro: é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e o aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro e eficiencia enerxética.

ESTRUTURA

O programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre:
    • "A enerxía que move a miña cidade". 1º a 4º de ESO.
    • "Coruña contra o cambio climático". 1º e 2º Bacharelato; FP.
  • Actividades na aula: Duración: 60 minutos. Poderase elixir entre:
    • Xogo "Avanzando coas enerxías renovables". 1º a 4º de ESO.
    • "A miña proposta contra o cambio climático". 1º e 2º Bacharelato; FP.
  • Itinerario/Visita guiada: Duración: 90 minutos. Planta de Cogeneración de Bens e prototipo de vivenda eficiente (Casa de palla de SOMESO). 1º a 4º de ESO; 1º e 2º Bacharelato; FP.

Cando:

Dende o 01/10/2021 ata o 21/06/2022

Desde o 01/10/2021 ata a finalización do curso escolar

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Ficha de solicitude

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

educacionambiental@coruna.es

Recursos materiais:

Materiais de apoio:

  • Manual do profesorado
  • Manual do alumnado

Documentos relacionados

  • Descrición: Enerxía e cambio climático (189 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión