Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fauna de aquí e de alá 2020-21

A presenza de todo tipo de mascotas acompañando as nosas vidas nas cidades é cada vez máis frecuente. Tanto en número como en variedade de especies. E nos últimos anos apareceron diversas normativas que tentan xestionar a súa tenencia, tentando adiantarse ou reconducir varios problemas que enturban a relación entre humanos e animais: os malos tratos animais e a tenencia responsable; a introdución de especies invasoras; o comercio de especies vulnerables.

¿Como afectan estas normativas á nosa relación coas mascotas? ¿Estamos dispostos a asumir estas obrigacións legais e éticas para con elas?

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; 1º e 2º de BACH; FP.

Obxecto:

  • Coñecer e valorar as obrigacións, compromisos e satisfaccións da tenencia responsable como mellor forma de previr os malos tratos animais.
  • Coñecer a existencia e funcionamento do Servizo de Recollida e Adopción de Animais Domésticos e da Canceira Municipal de Bens.
  • Coñecer a dimensión social dos problemas que as mascotas poden causar na convivencia cidadá e a forma de previlos.
  • Coñecer a variedade de especies animais dispoñibles no mercado de mascotas e as súas implicacións na conservación da biodiversidade.
  • Coñecer unha serie de pautas básicas de comportamento para relacionarse cos cans na cidade.

ESTRUTURA

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
  • Actividades na aula. Xogo "A gran viaxe dos animais domésticos". Duración aproximada: 60 minutos. ESO, BACH e FP.
  • Visita guiada á Canceira Municipal de Bens. Duración aproximada: 90 minutos. ESO, BACH e FP.

Cando:

Dende o 01/10/2021 ata o 22/06/2022

Desde o 01/10/2021 ata a finalización do curso escolar

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

educacionambiental@coruna.es

Documentos relacionados

  • Descrición: Fauna urbana de aquí e de alá (218 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión