Concello da Coruña

Concello da Coruña

Formación de mediadoras/es en igualdade e diversidade

Esta proposta educativa céntrase na mediación como un procedemento para resolver conflitos, tendo en conta que os conflitos forman parte ineludible das relacións humanas, afectan á vida das persoas e á convivencia dentro e fóra do centro escolar.

Os conflitos poden ser considerados un risco pero tamén unha oportunidade de desenvolvemento persoal e social do alumnado se se empregan as ferramentas idóneas para a abordaxe dos mesmos, tendo en conta que as chaves da mediación son a empatía, bos dotes comunicativas, saber escoitar, mente creativa e contención dos xuízos de valor, entre outras.

A mediación escolar atópase na actualidade en expansión, tendo como protagonistas con carácter xeral da mesma ao profesorado. Con todo, desde esta proposta realízase un cambio nas figuras principais, derivando o liderado no alumnado interesado nesta proposta.

Trátase dunha proposta de carácter voluntario que implica informar previamente ao alumnado para identificar ás persoas que puidesen ter maior interese na mesma.

Unha vez identificado ao alumnado interesado en levar a cabo actuacións de mediación dentro do centro escolar, o alumnado recibirá un CURSO específico de MEDIACIÓN "EN IGUALDADE E DIVERSIDADE".

O alumnado formado estará cualificado para apoiar a outros alumnos e alumnas de cursos inferiores, formando parte dun Equipo de Mediación no centro e, no seu caso, intercentros.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado voluntario de 3º e 4º de ESO. Bacharelato. Formación Profesional Básica e Media.

Horario:

Fóra de horario lectivo dos centros educativos.

Obxecto:

Obxectivos da proposta educativa

Obxectivo xeral

  • Contribuír á prevención de situacións que deriven en actitudes e condutas ligadas ás violencias machistas. Fomentar unha cultura de centro na que primen os valores de paz, diálogo, respecto, cooperación e responsabilidade.

Obxectivos específicos

  • Formar ao alumnado no ámbito da mediación, de xeito que dentro dos centros educativos poida chegar a establecerse unha dinámica de continuidade na sensibilización entre iguais en materia de igualdade e diversidade.
  • Promover no alumnado a resolución de conflitos a través do diálogo e a empatía.
  • Apoiar e/ou desenvolver tarefas de mediación nalgún caso de conflito entre iguais, derivado de situacións sexistas ou discriminacións por razón de sexo, xénero, orientación sexo-afectiva, diversidade, identidade e expresión de xénero.
  • Contribuír á prevención do acoso escolar por cuestión de xénero.
  • Contribuír a crear espazos para un adecuado manexo da diversidade.

Obxectivos do curso de mediación

Obxectivo xeral

  • Facilitar ao alumnado técnicas e estratexias básicas, así como os recursos necesarios para xestionar de forma construtiva, desde o diálogo, a empatía e a cooperación os conflitos en xeral e os conflitos en materia de igualdade e diversidade en particular.

Obxectivos específicos

  • Facilitar coñecementos teórico prácticos sobre a xestión de conflitos, a mediación no centro escolar e a importancia e desenvolvemento da empatía.
  • Identificar actitudes e condutas que fomenten unha convivencia pacífica.
  • Incrementar as habilidades de mozos e mozas para anticiparse e previr conflitos entre iguais derivados de situacións sexistas ou discriminatorias.
  • Proporcionar a mozos e mozas habilidades para afrontar unha abordaxe pacífica dos conflitos.
  • Mellorar e incidir nas habilidades mediadoras do alumnado que funcionarán como factores de protección nunha situación de conflito..
  • Formar parte do equipo de mediación en conflitos do centro escolar no que cursa estudos.

Condicións do programa

O centro educativo proporcionará unha aula onde facer os cursos, no caso de que se logre un grupo suficiente de alumnado para realizar o curso no Centro.

De tratarse dun curso intercentros, a aula será responsabilidade do Concello da Coruña.

Para que o curso sexa impartido dentro do propio centro educativo, terá que ter un mínimo de 8 participantes. De non chegar a este mínimo, a actividade poderá realizarse intercentros, sendo o máximo de alumnado admitido 30 persoas por curso.

Contidos

MÓDULO I: Os conflitos

MÓDULO II: A empatía

MÓDULO III: Violencias machistas

MÓDULO IV: A realidade e interaccións interpersoais no centro educativo

MÓDULO V: A mediación no contexto educativo: proceso e técnicas. Mediadores/as en igualdade e diversidade.

MÓDULO VI: Casos prácticos ante situacións sexistas ou discriminatorias por razón de sexo, xénero, diversidade, orientación sexo-afectiva, identidade e expresión de xénero.

Metodoloxía

O curso terá unha duración de 20 horas, distribuídas de xeito estimado en sesións de 2,5 horas, podendo contrastar este aspecto co centro educativo.

A metodoloxía dos cursos será participativa cun papel protagonista do alumnado.

Esta actividade leva un importante valor educativo e académico no marco do currículo do alumnado, máis aló do seu carácter voluntario. Neste sentido, entregarase ao alumnado participante que termine a formación con éxito un diploma acreditativo do curso no que se recollerán os contidos e a duración do mesmo, expedido polo Concello da Coruña.

Cando:

Dende o 07/01/2022 ata o 23/06/2022

2º e 3º trimestres do curso escolar 2021-2022.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

Coordinadora de centros e programas

Rúa Hortensias, 11. 15008. A Coruña

Tel. CIM: 981 184 356. E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67094, 67901

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión