Concello da Coruña

Concello da Coruña

Itinerarios 2021-22

Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado desde 3º a 6º de EP, de ESO e BACH dos centros escolares do concello.

Horario:

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

Prezo / Custo:

1,50 € por alumno/a en concepto de cota. Unha vez confirmados os itinerarios e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo para realizar o ingreso, o custo total por aula e o modo de pagamento da cota.

Itinerarios que se ofertan

3º e 4º EP

5º e 6º EP

1º e 2º ESO

  • Camiño real. Itinerario SMART
  • Personaxes da cidade
  • Isabel Zendal e os nenos da varíola.
  • María Casares: unha Coruñesa en París (novidade do curso 21-22)

3º e 4º ESO e BACH

Condicións do programa

  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo-clase.
  • Necesidade da presenza do profesor/a de o grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte
    • O transporte facilítao o Concello.
    • O bus estará dispoñible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do colexio ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso pódese exceder este número de participantes (incluído o profesorado acompañante).
    • Os centros que necesiten transporte adaptado deben solicitalo previamente.

Itinerarios SMART

Itinerarios SMART. É unha versión dixital do mesmo percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de dar a coñecer á cidade aos escolares a través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, a arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Neste vídeo práctico móstrase a funcionalidade da plataforma que acolle os Itinerarios Smart.

Cando:

Dende o 01/03/2022 ata o 17/06/2022

A realización do programa virá determinada pola evolución da pandemia da COVID-19. Nas datas indicadas abrimos o prazo de inscrición e antes da posta en marcha do programa revisaremos as condicións do seu desenvolvemento para adaptalo aos protocolos de aplicación para a prevención fronte a COVID-19.

A data de inicio e fin pode sufrir modificacións en función da demanda de prazas.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro) e Ficha de solicitude específica (a cubrir polo centro)

Do 15 de setembro ao 15 de outubro

Contacto:

Federación de ANPAS de centros públicos

Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Servizo municipal de Educación

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70

educacion@coruna.es

Recursos humanos:

Persoal especialista contratado pola Federación Provincial de ANPAS de centros públicos.

Documentos relacionados

  • Guía dos Itinerarios (915 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión