Concello da Coruña

Concello da Coruña

Máis rápidas, máis altas, máis fortes 2022-23

As concellerías de Deportes e Educación poñen en marcha un programa para dar a coñecer diferentes disciplinas deportivas que se imparten na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por especialistas na materia, que tamén contarán cunha parte práctica.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Deportes, Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade.

O servizo municipal de educación asume o transporte dos CEIP e o servizo municipal de deportes asume o transporte dos CPR.

Horario:

A actividade durará dúas horas e realizarase en horario de mañá nos espazos deportivos do propio centro. Debido á especificidade dalgunha disciplina hai sesións que se desenvolverán en instalacións deportivas municipais.

Prezo / Custo:

Sen custo.

O programa "Máis rápidas, máis altas e máis fortes" xorde coa intención de dar a coñecer distintas prácticas deportivas á poboación infantil e xuvenil da cidade, para que tomen conciencia da importancia de practicar deporte e da ampla oferta de disciplinas polas que poden optar na Coruña.

Grazas á colaboración de distintas entidades deportivas da cidade, que poñerán a disposición do programa a expertos de cada deporte para acudir aos colexios para presentalas, é posible elixir entre vinte e sete deportes diferentes.

As sesións duran 120 minutos e nese tempo combínase unha parte de presentación teórica da actividade con outra parte de realización dunha práctica, para así facilitar que se tome contacto directamente co deporte.

Cada centro pode solicitar que participen ata catro aulas e cada unha debe de seleccionar, por orde de prioridade, ata cinco deportes sobre os que querería ter información.

O servizo de deportes, unha vez recibidas as solicitudes, asignará as datas e as actividades, tendo en conta as preferencias do centro e respectando a orde de inscrición naqueles casos nos que a demanda exceda a oferta das entidades deportivas.

As disciplinas entre as que se pode elixir son: artes marciais, atletismo, baloncesto, balonmán, boxeo kick boxing, esgrima, fútbol, fútbol sala, ximnasia rítmica, ximansia artística, golf, halterofilia, judo, marcha nórdica, montañismo, multideporte, natación, patinaxe en liña, petanca, rugby, skate, tenis, tiro con arco, tríatlon, ultimate, voleibol, waterpolo e deporte adaptado.

Nota: atletismo, boxeo kick boxing, golf, montañismo, natación, rugby, skate, tenis, tiro con arco, waterpolo e deporte adaptados presentaranse en instalacións municipais.

Cando:

Dende o 01/11/2022 ata o 16/06/2023

A asignación de datas para impartir as sesións nos centros realízaas o servizo municipal de deportes en base ás solicitudes recibidas a través da ficha de inscrición.

A comunicación das datas asignadas faise a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición.

Inscricións:

Dende o 27/09/2022 ata o 15/10/2022

Inscrición centros

Ficha Xeral

Ficha específica que se abre desde o 27 de setembro ata o 15 de outubro.

Organiza:

Servizo Municipal de Deportes

Servizo Municipal de Educación

Entidades colaboradoras

Máis información:

Sevizo Municipal de Deportes

María Teresa Vázquez Portos

t.vazquez@coruna.gal

981 18 42 00 ext. 25007

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión