Concello da Coruña

Concello da Coruña

O aire que nos rodea 2022-23

A atmosfera é imprescindible para a vida na Terra. O ser humano altéraa e modifica ata tal punto que a consecuencia é a súa contaminación, con gran repercusión nos seres vivos. O primeiro no que pensamos con contaminación "do aire" é en cambios na composición química da atmosfera debidos á existencia de gases e compostos nocivos; pero tamén o ruído é un dos axentes contaminantes máis importantes; ou a "contaminación lumínica", con gran repercusión nos ciclos da vida...

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EP (1.º, 3.º e 4.º), ESO (1.º e 2.º), BACH (2.º) e EE.

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" e "Ciencias da Natureza" en EP; "Bioloxía e Xeoloxía", "Música" e "Cultura Científica" en ESO e "Ciencias da Terra e do Medio Ambiente" e "Física" en BACH. Colectivos.

Obxecto:

  • Sensibilizar o alumnado co coidado da atmosfera.
  • Ofrecerlle unha diversidade de experiencias e unha comprensión fundamental do valor do aire que nos rodea e os perigos que o ameazan.
  • Identificar os causantes da contaminación atmosférica e resolver os problemas ambientais derivados.
  • Informar dos labores que desde o concello se levan a cabo no control da calidade do aire.

ESTRUTURA

  • Charla interactiva- 60´
  • Taller- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia Covid son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 03/10/2022 ata o 21/06/2023

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Ambiental y Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

Tel.: 981 903 834

Documentos relacionados

  • Descrición: O aire que nos rodea (133 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión