Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Atlántico parte de ti

As concellerías de Deportes e de Educación poñerán en marcha no primeiro semestre do 2022 o programa "O Atlántico parte de ti", un programa pensado para achegar o mundo da vela ás mozas e aos mozos de 5º e 6º de primaria.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios públicos e privados concertados da cidade. O transporte dos CEIP asúmeo o Concello.

Horario:

O bautismo de mar desenvolverase en horario de 9.30 a 13.00 horas.

Prezo / Custo:

Sen custo.

"O Atlántico parte de ti" é unha proposta deportiva, pero tamén de coñecemento do potencial da nosa cidade, do noso mar, e, por suposto, unha proposta de saúde para os nosos escolares a través do fomento da actividade física.

Nesta actividade complementaria trátase de adquirir as técnicas básicas da vela, ademais de coñecer, comprender e respectar as normas de seguridade e protección para o desenvolvemento de deportes acuáticos.

O proxecto conta coa colaboración de cinco clubs da cidade: RC Náutico da Coruña, Mariña Coruña, Club Marítimo de Oza, Praia de Oza e Club do Mar, ademais de con a Federación Galega de Vela.

Cando:

Dende o 10/01/2022 ata o 31/05/2022

Inscricións:

Dende o 08/11/2021 ata o 30/11/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude específica

Do 8 ao 30 de novembro

Contacto:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión