Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Proposta específica para lingua francesa no programa Idiomas no Centro, centrada no descubrimento e primeira inmersión en lingua francesa, para o alumnado novel, e na adquisición de comprensión e destreza na comunicación oral na devandita lingua, para os xa iniciados e iniciadas.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Extraescolar
Horario:
Obxecto:
Realizar unha inmersión en lingua francesa, adaptándose ás características das diferentes etapas educativas e potenciando a vertente lúdica das distintas propostas.
Propiciar a interrelación dos contidos propios da lingua francesa con disciplinas e actividades atractivas para que os e as participantes reforcen a súa formación integral.
Afrontar a primeira aproximación á lingua francesa, para o alumnado nas suas primeiras etapas de formación, ou aquel que nunca tivese contacto antes coa lingua francesa.
Afianzar e enriquecer o coñecemento que, sobre o idioma francés, posúa o alumnado que xa realizase a primeira inmersión na devandita lingua.
Mellorar a capacidade de escoita comprensiva a través de recursos baseados en centros de interese, fomentando a participación activa do alumnado.
Potenciar a expresión oral en base a temáticas que resulten motivadores para os e as escolares, nun contexto de confianza e relaxación.
Adquirir seguridade e soltura na comunicación oral en lingua francesa, co fin de favorecer o seu uso cotián.
Enriquecer a proposta educativa complementaria que as ANPA ofrecen nos centros públicos do municipio da Coruña, de forma que posibilite atender ás necesidades de conciliación das familias co alumnado desde Educación Infantil ata Educación Secundaria.
Cotas a aboar
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso nos seguintes períodos:
Período outubro-decembro: 45 €
Período xaneiro-marzo: 45 €
Período abril-maio: 30 €
Ademais, deberán aboar unha única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA para o curso 2021/2022.
Cando:
Dende o 01/10/2021 ata o 31/05/2022
Importante: A realización deste programa está condicionado á evolución da pandemia da COVID-19.
A inscrición será en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones posta a disposición segundo o centro educativo no que estea matriculado o neno ou a nena participante.Unha vez iniciadas as actividades poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.
Contacto:
Federación Provincial das ANPA de centros públicos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible